A PDMM ante a aprobación do Catálogo das Paisaxes de Galiza

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo califica como electoralista e misérrima a porcentaxe do total do territorio seleccionado como Área de Especial Interese Paisaxístico (AEIP) dentro da aprobación por parte do Consello da Xunta do Catálogo das Paisaxes de Galiza, e que vén favorecer unha vez máis a desprotección da maioría do territorio.

Contando cunha participación pública escasa na súa elaboración, ao final pregouse aos intereses políticos do Partido Popular e aos económicos das grandes empresas do sector urbanístico e industrial, onde prima a especulación por enriba da verdadeira protección da paisaxe.

Ao igual que sucedeu coa proposta de ampliación da Rede Natura 2000 de 2012, o Catálogo das Paisaxes de Galiza deste 2016 foi redactado sen incorporar a Avaliación Ambiental Estratéxica no seu proceso de elaboración e mentras a Rede Natura non pasa do 13% do territorio protexido, o máis baixo de todo o Estado, a protección paisaxística aínda o supera en desprotección, xa que as 211 AEIP seleccionadas finalmente polo Catálogo teñen unha extensión de 252.595 has., o que supón que non pase do 8,5 % do territorio de Galiza.

Entre elas non está ningunha integrada dentro da península do Morrazo ao estar situada esta na franxa da costa galega -a maioría das AEIP seleccionadas están espalladas polo interior das catro provincias- e dentro da área de influencia urbana das cidades de Vigo e Pontevedra.

Esta carencia de protección paisaxística do Morrazo -a área máis perxudicada dentro das Rías Baixas- a nivel autonómico, é só un síntoma máis do efecto isolamento e de falta de homoxeneidade, carente dos correspondentes corredores paisaxísticos, na función protectora que se lle supón para o dito Catálogo das Paisaxes con respecto ao total do territorio galego.

Un efecto parecido, por desgraza, ao do isolamento dos espazos naturais protexidos existentes na actualidade pola Rede Natura galega, cos espazos de maior superficie tamén no interior de Galiza e cos da franxa costeira na súa maior parte superficie mariña e, polo tanto, carente tamén dos correspondentes e necesarios corredores naturais.

Por engadido, esta mísera protección paisaxística tórnase máis grave dado que as AEIP, ademais de non incluír territorio dentro da maioría dos espazos naturais e do solo rústico especialmente protexido existentes, tampouco tivo en conta a maioría das paisaxes vencelladas ás cidades, aos asentamentos humanos, aos conxuntos históricos e ás infraestruturas.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo foi unha das organizacións que, en abril deste ano e dentro da escasa participación social, e considerando que é imprescindíbel unha estratexia de protección integral da paisaxe galega como referente ambiental social e cultural, e, así mesmo, de superación do sistema capitalista como depredador e biocida, realizou as correspondentes alegacións, propoñendo senllas AEIP como así mesmo Lugares de Especial Interese Paisaxístico (LEIP) e Ámbito de Especial Atención Paisaxística (AEAP).

Mais, diante da especulación e desprotección xeral do territorio que sobresae da aprobación partidista e electoralista do Catálogo das Paisaxes de Galiza, caeron ao final a maioría delas, senón a totalidade, en saco roto.

A proposta realizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo dentro destas alegacións para a península do Morrazo consta de Area de Especial Importancia Paisaxística para:

  • Os espazos comprendidos no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia e clasificados como Solo coto do homeRústico de Especial Protección de Espazos Naturais nas Normas Complementarias e Subsidiairias de Planeamento da Provincia de Pontevedra, é dicir: Montes do Morrazo, Coto Redondo, Carballal (Carballeira) de Coiro, Mar de San Simón, Barra-Cabo Home e Punta Udra.

  • Os espazos clasificados como Solo Rústico de Especial Protección, sexa como Espazo Natural, Agropecuaria, Forestal, de Augas, de Costas ou Patrimonial.

AEAP e LEIP

Aquí solicitamos, ademais, a calificación de AEAP para determinados lugares degradados que precisan recuperación, e a calificación deLEIP para determinados lugares valiosos que, ou están integrados nas AEIPs solicitadas e reforzan a nosa proposta, ou merecen ser integrados nalgunha delas.

AEAP

No Morrazo procede solicitar a clasificación de Ámbito de Especial Atención Paisaxística (AEAP) para as contornas de varios dos ámbitos para os que solicitamos a clasificación de AEIP: Os altos de Coto do Home (624 metros sobre o nivel do mar) e Faro de Domaio (622 metros sobre o nivel do mar), as dúas cotas máis altas da península morracense, miradoiros naturais coas máis amplas vistas sobre as rías de Vigo e Pontevedra, integrados dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais no espazo natural dos Montes do Morrazo polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra, e que na actualidade:

  • están saturados de antenas de telecomunicacións e torretas con cableado aéreo de alta tensión eléctrica.

  • están ameazados ao seu carón polo proxecto de parque eólico de Pedras Negras, incluido dentro da Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde de 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia.

  • están ameazados polos permisos de extracción de granito ornamental a nome de Miñán, de nove cuadrículas mineiras, e Os Pedrouzos, de 14 cuadrículas mineiras, convocados a concurso público pola Orde do 7 de febreiro de 2013 da Consellería de Economía e Industria, como terreos francos resultantes da caducidade de dereitos mineiros correspondentes á provincia de Pontevedra.

Solicitamos tamén a clasificación de AEAP:

Para a contorna de Outeiro de Campolongo-Monte Cernello, no Concello de Marín, que cunha máxima cota de unnamed418 metros de altitude sobre o nivel do mar, fai de miradoiro natural sobre a ría de Pontevedra, dentro de solo rústico de especial protección agropecuaria, forestal e patrimonial, e que

  • está afectado na actualidade pola saturación de antenas de telecomunicacións e torretas con cableado aéreo de alta tensión eléctrica.

Para a contorna de Mesa de Montes que, formando parte da Serra da Madalena, no Concello de Cangas, dentro de solounnamed (1) rústico de especial protección forestal, coa súa cota máis no alto de Carballido, sobre os 332 metros sobre o nivel do mar, é un miradoiro natural con amplas panorámicas sobre a ría de Vigo e a Enseada de Aldán, e

  • está afectado pola instalación dunha estación base con antenas de telecomunicacións.

Para a contorna naturalizada da Lagoa da Congorza, dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais Barra-Cabo Home, no concello de Cangas, integrada no Inventario de Zonas Húmidas de Galicia, de grande valor natural e paisaxístico a nivel costeiro, e que

  • está afectada na actualidade polos verquidos de augas residuais a cusa da proximidade de vivendas e do mal ou nulo funcionamento da EDAR municipal.

Para a contorna da Poza da Moura, no Concello de Moaña, dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais do espazo natural dos Montes do Morrazo, que

  • está afectado polo proxecto de urbanización do campo de golf e polo proxecto de desdobramento do corredor de alta capacidade do Morrazo.

Para o Alto da Esculca en Ermelo, no Concello de Bueu, dentro de solo rústico de especial protección forestal, que cos seus 411 metros de cota máxima fai de miradoiro natural sobre a ría de Pontevedra, e que na actualidade

  • está afectado pola masificación de antenas de telecomunicacións.

E para o Monte de Cabalo e o Monte da Croa-Castro de Acuña, no concello de Vilaboa, dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais do espazo natural Mar de San Simón, na proximidade do espazo natural protexido ZEC da Enseada de San Simón, que

  • están afectados pola instalación de antenas de telecomunicacións e a presión urbanística.

LEIP

Ademáis solicitamos a declaración de Lugares de Especial Interese Paisaxístico (LEIP) para determinados lugares que, debido aos valores naturais ou ecolóxicos, culturais ou patrimoniais e panorámicos ou estéticos que reúnen, reforzan o valor das AEIP solicitadas, ou merecen ser integrados nalgunha delas. Estes lugares son os seguintes:

unnamed (4)Dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais, entre os concellos de Marín, Vilaboa e Moaña, no espazo natural dos Montes do Morrazo: Alto de Pornedo, Alto da Encavada, Outeiro da Graña, As Cavadas, Chan da Cruz, Alto de Castiñeiras, Castelo de Barbudo-Pedrouzos, Cotorredondo, Outeiro dos Asubións, Corno Peneda, Os Candóns, Outeiro da Charamiza, Outeiro de Cavada dos Terróns, Outeiro da Carriza, Outeiro do Corvo, Outeiro do Cachote, Alto de Formigoso, Pedra Morcegueira, Outeiro do Aviador, Outeiro de Salomé, Outeiro da Carballosa e Alto de Agudelo, que:

  • están ameazados pola ubicación alternativa de aeroxeradores da Área de Desenvolvemento Eólica (ADE) do Morrazo, pola ubicación de aeroxeradores do parque eólico de Pedras Negras e pola concorrencia pública de permisos de investigación mineira para extracción de granito ornamental de Miñán e Os Pedrouzos

  • e están ameazados, no caso dos Altos do Pornedo (Marín), e de Outeiro da Carballosa e Agudelo (Moaña) por senllos proxectos de parque industrial na súa proximidade incluidos no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia.

Dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais, entre os concellos de Moaña, Bueu e Cangas, no espazo natural do Carballal de Coiro: Outeiro da Paralaia, Alto do Xestoso, Outeiro do Cruceiro, Pedra da Pena e Serra de Coiro-Outeiro Grande, dos que:

  • os dous primeiros están ameazados pola ubicación alternativa de aeroxeradores da Área de Desenvolvemento Eólica (ADE) do Morrazo, e

  • todos eles están ameazados dende mediados da década pasada por un proxecto de investigación mineira para extracción de granito ornamental a nome de Piedro Negro.

Dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais do espazo natural de Coto Redondo, no concello de Vilaboa:Monte das Barreiras e A Pereiriña.

Dentro de solo rústico de especial protección forestal, de costas e patrimonial no Concello de Marín: Outeiro da Teixugueira-Castelo de Ardán, Monte Penizas, Monte Sobareiro e Monte da Cova.

Dentro de solo rústico de especial protección forestal e patrimonial no concello de Bueu: Alto da Telleira-Chans de Cela, Alto de Borrallido.

  • Este último está afectado polo proxecto de ampliación do parque empresarial do municipio, aprobado dentro do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia.

Dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais do espazo Punta Udra: Tramo de costa desde o porto de Beluso ata a praia de Mourisca.

unnamed (3)Dentro de solo rústico de especial protección forestal, de costas e patrimonial no concello de Cangas: Coruto de Liboreiro, Outeiro Agudo e Pico do Fial na Serra da Madalena; Balcón do Rei, Serra Nacente, Serra Ponente, Pico do Castelo, Pico Garita, Outeiro da Raposa e Montes de Varalonga, Lagoa de Vilariño, Castro de Hio-Outeiro Negro, Alto da Fanica, Outeiro Batente, Outeiro da Vela, Outeiro das Hedras.

Dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais Barra-Cabo Home: Facho de Donón e Alto da Fontecha, e tramo de costa entre Punta Balea e a praia de Santa Marta.

Dentro de solo rústico de especial protección forestal, de costas e patrimonial no concello de Moaña: Castro dos Remedios-Tirán, Castro das Cidades, Torre de Meira tramo de costa de Tirán entre as praias de O Con e O Canabal e tramo de costa entre o porto de Domaio e a praia da Borna.

Boa parte de todos estes lugares están afectados así mesmo na súa contorna polos monocultivos forestais de piñeiro e especiamente do eucalipto que, ademais de ser un impacto moi negativo para a biodiversidade, impactan de xeito directo e severo na cualidade paisaxística, uniformandoa e pechandoa cara ao espazo físico, nomeadamente as Rías.

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s