Suxerencias presentadas pola PDMM ao trámite de consulta pública do procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica ordinaria da 1ª revisión do Plan Forestal de Galiza

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo presentou o pasado mércores 28 de setembro, dentro do plazo dos 45 días hábiles, as súas suxerencias ao trámite de consulta pública do procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica ordinaria da 1ª revisión do Plan Forestal de Galiza, solicitada pola Consellería de Medio Rural e realizada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e SOLICITOU:

  • A retirada desta 1ª revisión do Plan Forestal de Galiza e a substitución por outra que cumpra os seguintes obxectivos:
  • A verdadeira e efectiva participación social desde o primeiro momento da revisión e onde os Grupos de Traballoestean representados polas distintas entidades sociais vencelladas tanto directa como indirectamente ao sector forestal, e non como pasou na elaboración desta revisión, onde as decisións as levou a cabo e impuxo de xeito totalmente viciado a maioría de entidades relacionadas directamente ao sector económico e produtivo.
  • A retirada e traslado da factoría pasteira de papel de ENCE da súa actual ubicación na ría de Pontevedra, procedendo á recuperación ambiental dos terreos gañados ao mar dentro do dominio público marítimo-terrestre.
  • A paralización e retirada do proxecto da macroplanta de incineración de biomasa de 40 MW proposta pola empresa ENCE e a súa substitución por plantas máis pequenas fóra de monopolios empresariais e que non sobrepasen os 10 MW, descentralizadas a nivel zonal ou comarcal e que se abastezan soamente dos residuos das cortas forestais.
  • O cumprimento real e efectivo dos plans de ordenación dos recursos forestais supeditados a súa vez aos da ordenación dos recursos naturais.
  • A redución progresiva e efectiva por lei de superficie ocupada polos monocultivos forestais, en especial do eucalipto, e a súa substitución por plantacións de frondosas autóctonas.
  • Un plan efectivo de erradicación de especies alóctonas e invasoras, -acacias, pseudacacias, herba da pampa ,…- que vaia máis alá do simple voluntariado.
  • Un plan de silvicultura e de control da biomasa que, respetuosa co medio, estea baseada na prevención real e efectiva dos lumes forestais, e non na case exclusiva da extinción, existente na actualidade.
  • Unha menor mecanización a cambio dunha maior presenza de operarias e operarios, e conseguintemente unha maior creación de emprego, como así mesmo unha redución de impacto ambiental derivada das actividades forestais.
  • A posta en valor do patrimonio natural, cultural e social que vaia máis alá das escasas e excesivamente concentradas experiencias levadas a cabo ata a actualidade, actividades que, xunto co apoio e potenciación das iniciativas locais de autoemprego en base á multifuncionalidade dos recursos forestais dos nosos montes –madeira, silvopastoralismo, apicultura, recolleita de fungos, froitos e herbas, etc.-, á parte de crear unha mellor valorización social, económica e cultural e unha relación máis directa da poboación humana co medio, así mesmo axudarían a crear máis postos de emprego.
  • Un mercado do produto forestal baseado máis no abastecemento local e na proximidade e na eficiencia e aforro enerxéticos.
  • A conservación do dereito xermánico e da prevalencia dos montes en réxime de mancomún.
  • A protección e conservación dos hábitats naturais de interese comunitario e prioritario e das especies de fauna e flora silvestre segundo a Directiva 92/43/CEE, procedendo así mesmo á ampliación de espazos naturais dentro da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos e da Rede Natura 2000.

Aquí está o documento presentado ao completo.

observacions-e-suxestions-ao-procedemento-de-avaliacion-ambiental-estratexica-ordinaria-da-1a-revision-do-plan-forestal-de-galicia

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s