Xuntanza aberta contra a eucaliptización do país

eucaliptalOs colectivos ecoloxistas Erva e Luita Verde convocan para este sábado, 11 de marzo, unha xuntanza en Moaña para falar da eucaliptización do noso país e ver a posibilidade de xuntar forzas e organizar a nivel galego unha resposta contra esta barbarie para o noso medio.

A xuntanza comezará ás 10:30 na Casa da Cultura Daniel Castelao (Quintela) en Moaña. (Aquí)

Deixamos aquí o manifesto co que se realiza esta convocatoria.

Contra a eucaliptización do país.

Somos conscientes de que nos últimos anos na nosa terra o avance da superficie ocupada polo eucalipto foi imparábel. En muitos casos, foi posíbel a costa da transformación de prados gandeiros, da corta de masas de árbores autóctonas ou da substitución de parcelas de monte que estaban con piñeiros. Na actualidade, un novo uso do eucalipto ameaza a biodiversidade, a paisaxe, a cultura e mesmo a economía rurais, e é o seu potencial uso como especie fornecedora de materia prima para centrais de biomasa.

A eucaliptización da nosa terra non é un proceso novo. É o resultado dunha alianza entre un lobby, o promovido pola empresa ENCE, e as autoridades responsábeis que levan a política de monte nos sucesivos governos do PP na Xunta. Como resultado desa alianza, amplas superficies das comarcas do interior, mesmo á beira da capital do país seguindo o Camiño de Santiago, están sendo arrasadas por plantíos de eucalipto. Nin rastro queda das nosas árbores, desaloxadas sen contemplación e, con elas, tamén a paisaxe tradicional galega. Pola contra, masas puras ou mixtas de eucaliptos multiplícanse desordenadamente por grande parte do territorio galego, dende o interior ata a costa, que se encontra desprotexido ante esta invasión, incluso en áreas da Rede Natura, un conxunto de espazos que apenas supón o 13% da superfície do país.

Un proceso, pois, que ameaza non só as nosas fragas, carballeiras, hábitats de interese e espazos naturais de grande valor. O desleixo é tal que ata os sectores produtivos básicos para a pervivéncia do noso medio rural están en perigo. Mais sabemos que o PP debe aprobar un novo instrumento de planificación forestal e distintas normas de protección da paisaxe. E abordar, tamén, unha mudanza na xestión dos espazos protexidos.

Agora, despois de décadas de desordenación forestal e de desprotección ambiental, é o momento de pór na axenda social, comunicativa e política un problema que ten graves consecuencias para o noso mundo rural, a súa economía, cultura, paisaxe e biodiversidade. Por iso, convocamos unha asemblea para:

1.- debater e contrastar as posibilidades de organizarmos a nivel de país unha resposta a curto prazo contra a eucaliptización da nosa terra, envolvendo nesta a cantas organizacións, colectivos e persoas sintan a necesidade de pór na axenda unha outra visión dos nosos montes e as nosas árbores.

2.- sondear entre as persoas e colectivos interesados a posibilidade de dotármonos dunha asociación específica orientada a reivindicar o valor das nosas árbores, dos nosos bosques e desa outra visión dos montes, con capacidade para a intervención social, xurídica e técnica.

Como paso previo ao obxectivo da socialización destas ideas a nivel nacional, iniciamos este debate no ámbito do tecido asociativo, organizacións e persoas do suroeste do país.

SÁBADO DIA 11 ÁS 10:30

CASA DA CULTURA DANIEL CASTELAO (QUINTELA), MOAÑA

ASEMBLEA PARA COLECTIVOS E ASOCIACIÓNS DO SUROESTE DO PAÍS

POR UNHA XESTIÓN RACIONAL DOS NOSOS MONTES QUE RESPEITE A PAISAXE E A BIODIVERSIDADE

Convocan:

COLECTIVO ECOLOXISTA LUITA VERDE

ERVA

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s