Luita Verde denuncia a afección no petrógligo da Moreira por unha vertedura de entullos

DSC05452Luita Verde, colectivo ecoloxista que forma parte da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, denunciou este 1 de marzo na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura e Turismo, a vertedura de entullos de obra dentro da área integral de protección do petróglifo prehistórico da Moreira, declarado Ben de Interese Cultural de Galicia coa clave de identificación GA36026022, sito na parroquia de San Xián, no Concello de Marín, datado culturalmente na Idade do Bronce, hai máis de 4.000 anos.

DSC05454A vertedura de entullos afecta a parte das pedras cos gravados, consistentes nun conxunto de coviñas e distintos trazos e rebaixes na rocha, cunha probable función de muíños rupestres ou naviculares que precisamente quedaron sepultados debaixo da propia vertedura. A vertedura semella levar no sitio bastante tempo, mostra do lamentable estado de abandono e desprotección do dito petróglifo, ao que a documentación nos remite que foi descuberto polo mestre e afeccionado á arqueoloxía marinense Carlos Paratcha, que xa fora declarado no seu momento Monumento Histórico Artístico e que na actualidade ten a máxima catalogación de protección a nivel autonómico, a de Ben de Interese Cultural.

Luita Verde solicitoulle á Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura e Turismo a comprobación dos feitos, a apertura dun expediente sancionador e a retirada da vertedura da área de protección do dito petróglifo.

Por outra banda, quere denunciar publicamente que este tipo de feitos suceden ademais de pola desprotección tamén pola falta de posta en valor e do seu descoñecemento por parte da veciñanza e da cidadanía en xeral. Este petróglifo non está a ser tido en conta malia a súa importancia e estar sito en chan forestal e patrimonial na ladeira oriental do monte das Penizas, preto de onde transcorre o sendeiro de curto percorrido municipal por ese monte e a escasa distancia do núcleo rural da Moreira e dun dos nacementos do rego Lameira, de grande valor paisaxístico, etnográfico e agropecuario.Calco do petróglifo da Moreira

Luita Verde ve positivo e como un avance a posta en marcha dun plan de protección e difusión do seu patrimonio do Concello de Marín, se o comparamos coa situación anterior, mais este segue quedando coxo no seu cometido xa que non contempla todo o patrimonio existente no monte comunal marinense e menos aínda o que está situado no monte privado particular. Un lamentable exemplo disto, entre outros, é precisamente o estado de abandono e afección do petróglifo da Moreira.

A protección do patrimonio arqueolóxico marinense -cuns 60 xacementos, deles 25 petróglifos, e 6 achados segundo o último inventario do 2011- ao que se lle está sumando novos xacementos -entre eles tamén moitos petróglifos- nos últimos anos, ten que estar necesariamente asociada a súa posta en valor e verdadeiramente integral por todo o territorio marinense.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: