O petróglifo da Devesa do Rei: O símbolo da destrución do patrimonio cultural do Morrazo.

restos do petróglifo da Devesa do ReiO Colectivo Ecoloxista Luita Verde cualifica de auténtico lavado de cara a proposta da Xunta de Galicia de obrigar a UTE de empresas adxudicatarias do terceiro subtramo de desdobramento do corredor de alta capacidade, xunto coa colaboración do concello de Moaña, da recuperación e posta en valor dos restos do petróglifo da Devesa do Rei, presentes na proximidade da rotonda de entrada na dita estrada, na parroquia de Meira.

Luita Verde salienta que a propia Xunta de Galicia foi a principal responsable da destrución do dito petróglifo como promotora e con fondos públicos da construción do corredor de alta capacidade do Morrazo, onde no ano 2003 decidiu trasladar o petróglifo da súa privilexiada ubicación orixinal, ao carón do xacemento castrexo do alto das Cidades e riba do val do río da Fraga, e coa mala praxe de aceptar barrenar a rocha, o que por engadido produciu a súa fractura e a de grande parte dos gravados en moitos fragmentos, deixándoos fóra da súa ubicación orixinal e xa de moi difícil ou imposible interpretación, onde á parte do impacto a nivel cultural tamén o foi a nivel ambiental e paisaxístico.

Despois tampouco foi quen de vixiar e mesmo ditar un espazo alternativo digno para o depósito e posta en valor dos restos minimamente interpretables, quedando posteriormente enterrados debaixo dun recheo ilegal realizado pola empresa de excavacións Excongal SL, feito denunciado no ano 2008 por este colectivo ecoloxista Luita Verde ante a Dirección Xeral de Patrimonio.

A realidade é que, despois de recuperar os restos sepultados do petróglifo, tampouco estes son de moita utilidade xa que moi pouco queda dos gravados reticulados prehistóricos alí presentes, no seu momento de exclusiva presenza en toda a contorna da península do Morrazo, catalogados Ben de Interese Cultural de Galicia e adscritos culturalmente na Idade do Bronce, con máis de 4.000 anos de existencia.

Luita Verde denuncia que ao final a Xunta de Galicia pretende encubrir a súa propia responsabilidade tras das empresas adxudicatarias das obras da autovía e do Concello de Moaña, coa colocación de dous bloques de rocha sen apenas gravados e un panel informativo virtual cando a verdadeira realidade é que a través do impacto sufrido polo petróglifo da Devesa do Rei, estase a memorar un dos principais símbolos da destrución do patrimonio cultural morracense a costa da construcción do corredor de alta capacidade do Morrazo, onde ademais do petróglifo da Devesa do Rei houbo outros 13 xacementos máis que van desde o neolítico ata o medievo e a idade moderna, que sufriron impacto crítico e severo, ou sexa afección directa e destrución, e ao redor doutra vintena, que sufriron impacto na súa contorna na proximidade.

Por outra banda, con esta acción e a escasas datas da finalización das obras de desdobramento do corredor de alta capacidade en autovía, a Xunta de Galicia pretende dar a entender mediáticamente á cidadanía que aposta polo patrimonio cultural cando a triste realidade é que por un lado o agrede e polo outro apenas invirte nel.

Para Luita Verde sería máis produtivo e coherente que a Xunta de Galicia colaborara e invertira na recuperación e posta en valor do amplo e variado patrimonio cultural e arqueolóxico que aínda atesoura a parroquia moañesa de Meira, en especial de petróglifos, do que boa parte del está abandonado e así mesmo afectado desde hai anos por distintos motivos -urbanísticos, plantacións forestais, verteduras incontroladas, tránsito motorizado, etc.-.

restos do petróglifo do ViveiroAo tanto hai que salientar que outro dos xacementos arqueolóxicos afectados e de xeito crítico e severo polas obras do corredor de alta capacidade do Morrazo, o petróglifo do Viveiro, con gravados de posible funcionalidade de muíño rupestre, xace fóra da súa ubicación orixinal abandonado á beira dunha pista forestal na inmediación do propio corredor de alta capacidade. Ou o de Pozo Garrido, afectado na súa contorna pola construcción do propio corredor e polas verteduras ilegais de terras e entullos por parte da empresa Excongal SL, denunciado así mesmo por Luita Verde no seu momento ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e que na actualidade boa parte dos seus gravados xeométricos, zoomorfos e cruciformes están case ocultos baixo a vexetación invasora e mesmo pirófita existente ao seu carón.

Por non falar de proxectos fallidos e de non hai tanto de posta en valor do patrimonio ao longo do monte veciñal desta parroquia moañesa.

restos do petróglifo de GondaránPor outra parte Luita Verde quere manifestar a súa denuncia con respecto ao incumprimento da posta en valor dictada tamén no seu momento pola Xunta de Galicia en relación coas das pedras cos gravados do petróglifo de Gondarán esnaquizadas tamén por barrenado na parroquia canguesa de Coiro coas obras de construcción do corredor de alta capacidade do Morrazo e que xacen desde o 2003 na parte exterior e axardinada da escola obradoiro municipal da Rúa, mentras non se atopa o lugar máis adecuado.

Malia que Luita Verde denunciou varias veces ao longo da pasada década ante a Dirección Xeral de Patrimonio ese incumprimento e do inconvinte do lugar no que se depositaron, feito que puido comprobar in situ unha arqueóloga do servizo provincial da Consellería de Cultura, ou mesmo da afección que supoñía a utilización da súa contorna en anos posteriores como vertedura de resíduos por parte da brigada de obras e servizos municipal, os bloques de pedras cos gravados, a maioría coviñas, na actualidade seguen depositados no mesmo lugar.

Na proximidade, no Monte do Prado, e á beira do corredor aínda existe parte do xacemento arqueolóxico do petróglifo de Gondarán que se librou da súa destrución, con varias rochas con gravados intactos, con terreos expropiados e fronte ao que deberían ser depositadas as pedras cos gravados fracturadas e desplazadas no seu momento pola construcción da estrada xunto coa mellora ambiental e paisaxística da contorna, na ribeira do rego Saíñas.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s