Arquivos mensuais: Febreiro 2021

Luita Verde presenta unha moción en Moaña contra o uso do glisofato

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou este pasado xoves 25 de febreiro unha proposta de moción SOBRE OS USOS DE HERBICIDAS CON GLIFOSATO NO TÉRMINO MUNICIPAL DE MOAÑA a rexistro e dirixida á alcaldesa do Concello de Moaña na que, ao amparo do establecido no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, se adxunte aos grupos políticos con presenza nesta Corporación (BNG, PSOE, PP e Colalición Independiente por Moaña) para o seu debate e aprobación polo Pleno Municipal.

Previa motivación que perante o conflito social existente co uso xeneralizado dos herbicidas con glifosato, que este é un herbicida total non selectivo que se emplea para matar herbas e arbustos, infíltrase no solo, é moi soluble na auga, e persistente no solo, que contamina os acuíferos, é tóxico para a fauna acuática, os animais domésticos ou o gando e esparéxese sen control polo subsolo. que existen estudos científicos que relacionan o uso do glifosato con afeccións e enfermidades, que entre os efectos adversos deste principio activo describíronse toxicidade subaguda e crónica, danos xenéticos, trastornos reprodutivos, aumento da frecuencia de anomalías espermáticas, e carcinoses, que cada preparado herbicida que contén glifosato vén acompañado doutras sustancias que facilitan a súa absorción y que multiplican a súa toxicidade, que recentemente a International Agency for Research on Cancer pertencente á Organización Mundial da Saúde incluíu como probables carcinóxenos a unha serie de pesticidas organofosfatados, entre eles o glifosato, que a aplicación dun herbicida como o glifosato en espazos públicos constitúe un risco ao que se somete á poboación, aos traballadores municipais que o empregan, ao gando, á flora e fauna, ou ao chan e ás augas, dada a súa toxicidade, e que xa son moitos os gobernos e autoridades que están a limitar ou abandoar o seu uso, que en Francia estúdase mesmo a posibilidade de prohibir a súa venda, que diversas deputacións e numerosos municipios do estado español tamén están a limitar ou erradicar o uso de herbicidas e de glifosato debido aos impactos ambientais e sobre a saúde dos seres vivos e que en Galicia concellos como Ames, na Coruña, ou Ponteareas, declaráronse Libres de herbicidas químicos, e outros como Marín, Poio ou Arzua xa aprobaron esta moción, Luita Verde solicitou da Corporación municipal a aprobación dos seguintes ACORDOS:

1. Consciente dos efectos negativos que o uso de herbicidas con glifosato levan consigo para a saúde pública, que afectan ou poden afectar á saúde das persoas e ao medio (co impacto resultante nos sectores produtivos como a apicultura, agricultura e a destrución do emprego e da actividade económica local) e tomando como referencia a Directiva marco para un uso sostible dos praguicidas e o Real Decreto 1311/2012 polos que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios, o Pleno do Concello de Moaña acorda non autorizar o uso dos herbicidas con glifosato en todo tipo de lugares públicos do municipio, e substituír estes produtos por métodos mecánicos e/ou biolóxicos non contaminantes, que non danan a saúde nin o medio.

2. Nos casos concretos de conflito, o Concello solicitará por escrito ás entidades implicadas na aplicación de herbicidas que en virtude do Real Decreto 1311/2012 empreguen métodos de control alternativos, non químicos.

3. Así mesmo, este concello dirixirase á maior brevidade posible á Consellaría de Transportes e Medio, e ao Ministerio de Fomento, solicitando o abandono inmediato do uso de herbicidas derivados do glifosato no tratamento das cunetas da rede viaria que pase polo Termo Municipal, para que a protección da saúde das persoas e o medio no seu municipio sexa realmente efectiva.

4. O Concello comprométese a informar deste acordo a todos os colectivos e entidades políticas, sociais e veciñais existentes no municipio para evitar tamén o uso doméstico de herbicidas con glifosato.

Luita Verde salienta que esta non é a primeira proposta de moción que se presenta ao respecto neste concello senón que, a mediados de xullo do ano 2015, presentara outra a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra, e do que a esta asociación non lle consta que desde aquela houbera unha resolución favorable de aprobación por parte da corporación moañesa.

Por outra banda Luita Verde presenta esta nova moción tendo constancia de que chegoulle a información de que unha empresa privada pretende utilizar precisamente glifosato para tratar a presenza invasora de rebrotes de mimosa moura e eucalipto no ámbito patrimonial do castro do monte dos Remedios, na parroquia de Tirán, onde o propio Concello de Moaña promove a creación dun “parque forestal” público a través da cesión de varias parcelas de titularidade privada e despois de que hai ao redor de dous anos se levara a cabo a través da iniciativa veciñal dúas limpezas parciais e simbólicas con voluntariado social de ditos rebrotes polo método menos agresivo da ferramenta manual.

Luita Verde salienta que ademais esta área patrimonial está preto de vivendas, dunha capela con culto relixioso, dun Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) con actividades extraescolares co alumnado polo contorno, e probablemente tamén de acuíferos.

Para rematar e tendo en conta que nos últimos anos producironse resolucións favorables á prohibición do uso do glifosato en varios concellos galegos onde hai presenza da maioría das formacións políticas presentes así mesmo no concello de Moaña, Luita Verde só espera que, por ética e coherencia e polo ben do medio ambiente e da saúde humana, desta vez a Corporación moañesa resolva a favor da moción recen presentada e declare defintivamente a este municipio libre do uso do glifosato máis a súa aplicación efectiva, comezando e, dando exemplo, pola propia institución municipal.

Luita Verde vai presentar así mesmo senllas propostas de moción nos Concellos de Cangas e Bueu nos vindeiros días, habida conta que tampouco consta ningunha resolución a favor da prohibición do uso do glifosato nos seus termos municipais malia que no seu momento, ao igual que sucedeu co de Moaña, a APDR tamén presentou as correspondentes propostas de moción nestes concellos morracenses.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized