Luita Verde denuncia que a Consellaría de Medio Ambiente lle permite a Interburgo incumprir o ditame de efectos ambientais do campo de golf de Domaio

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde denuncia o trato de favor e o deixamento de funcións da Consellería de Medio Ambiente ao permitir que a empresa Interburgo siga incumprindo as condicións impostas no Dictame de Efectos Ambientais para a execución do proxecto financiado e subvencionado con fondos públicos presentado pola empresa promotora Golf Domaio SA.

Desde o ano 1995 vénse denunciando o incumprimento do Dictame de Efectos Ambientais así como as captacións ilegais de auga para regar o campo de golf. En xullo de 1994 a Consellería de Política Territorial Obras Pública e Vivenda multou a Golf Domaio SA con 1 millón de pesetas. En xullo de 1995 a Comisión Galega de Medio Ambiente da Consellería de Presidencia e Administración Pública, órgano ambiental que emitíu o Dictame de Efectos Ambientais, recoñece o incumplimiento que denunciamos e insta ao órgano sustantivo a que se fagan as pertinentes analíticas para comprobación da calidade das augas.

Golf Domaio SA realiza unhas analíticas pero non dos mananciais que fornecen a auga aos veciños e veciñas de Calvar e Verdeal situados por baixo do campo de golf como lle ordenou o órgano sustantivo. Ao final faino dos ríos Miñuova e da Freixa así como dunhas fontes públicas de Domaio, situadas a máis de 1Km do campo de golf e dos mananciais dos veciños e veciñas.

Este incumprimento séguese producindo e en 2019 volvemos denuncialo pero, ao contrario dos anos 90 do século pasado, as Administracións implicadas argumentan que non teñen competencias, que a Comisión Galega de Medio Ambiente xa non existe, así como que non nos poden facilitar as analíticas que solicitamos xa que non obran no seu poder por non ser órgano competente no control e seguimiento e inspección do Dictame Ambiental.

Malia que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda é a que a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático ten as competencias para o control do cumprimento do Dictame de Efectos Ambientais e en particular, o seguimiento e inspección ambiental, esta non responde ás últimas denuncias presentadas no 2021. E na actualidade pretende a anulación das condicións impostas no Dictame da obriga de realizar analíticas cada 6 meses dos mananciais 7, 8 e 9 que poden verse contaminados pola actividade do campo de golf, mediante unha información falsa e aproveitando que a actual lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental no seu artigo Artigo 44. Modificación das condicións da declaración de impacto ambiental, establece :

1. As condicións da declaración de impacto ambiental poderán modificarse cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) A entrada en vigor de nova normativa que incida sustancialmente no cumprimento das condicións establecidas na declaración de impacto ambiental.

b) Cando a declaración de impacto ambiental estableza condicións cuxo cumprimento facer imposible ou innecesario porque a utilización das novas e mellores técnicas dispoñibles no momento de formular a solicitude de modificación permiten unha mellor e máis adecuada protección do medio ambiente, respecto do proxecto ou actuación inicialmente sometido a avaliación de impacto ambiental.

c) Cando durante o seguimiento do cumprimento da declaración de impacto ambiental detéctese que as medidas preventivas, correctoras ou compensatorias son insuficientes, innecesarias ou ineficaces.

Está claro que a modificación anulando o Dictame de Efectos Ambientais no concernente á obriga de facer analíticas cada 6 meses non pode tramitarse baixo ningún concepto, xa que non existe porque nunca se realizou o seguimiento do cumprimento da declaración de impacto ambiental, que tanto esta lei como as anteriores derrogadas foron conculcadas por Golf Domaio SA, promotor do proxecto, e a sociedade Interburgo que adquiriu todo o complexo o 23 de xullo de 1998 por 348 millóns de pesetas mediante a execución da hipoteca que Golf Domaio SA tiña no Banco de Galicia, non podendo facer fronte ás súas débedas financeiras e declarándose en suspensión de pagos.

Todas as Administracións, tanto autonómica como municipal, procuraron ata agora tapar e permitir as ilegalidades deste proxecto especulativo e fraudulento e a sabendas a Consellería de Medio Ambiente mediante unha resolución inxusta como sería eliminar o condicionante de obrigado cumprimento do Dictame de Efectos Ambientais. Luita Verde recorreremos aos tribunais para que estes, a ser posible, eviten un atentado ecolóxico como sería a máis que posible contaminación das augas de consumo humano.

Achéganse fotografías dos mananciais existentes por debaixo do campo de golf e depósitos da Comunidade de augas de Calvar e Verdeal na súa proximidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: