A Presidenta da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo informou ao Colectivo Ecoloxista Luita Verde, en escrito asinado o 23 de marzo deste 2022, que examinada a súa petición admitíu a queixa presentada por este colectivo o pasado 4 de novembro de 2021 contra do vertedoiro incontrolado de residuos que desde hai máis dunha década... Seguir lendo →
Luita Verde denuncia o perigoso deterioramento da carballeira co cerquido de Temperáns
O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou senllos escritos de denuncia dirixidos á alcaldía do Concello de Cangas e á xefatura territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, onde expuso: Na contorna da praia de Temperáns, na parroquia do Hío, concello de Cangas, clasificada como solo non urbanizable de protección dos espazos... Seguir lendo →
A Consellaría de Medio Ambiente sanciona o vertedoiro incontrolado municipal do Casal (Moaña) denunciado por Luita Verde
Despois que o vertedoiro incontrolado de residuos que o Concello de Moaña está a xerar desde hai máis dunha década en varias parcelas dentro de solo rústico de protección agropecuaria segundo o PXOM e anexo ao corredor ecolóxico segundo o Plan de Ordenación do Litoral (POL) no lugar do Casal, fora denunciado o pasado 4... Seguir lendo →
Luita Verde denuncia que a Consellaría de Medio Ambiente lle permite a Interburgo incumprir o ditame de efectos ambientais do campo de golf de Domaio
O Colectivo Ecoloxista Luita Verde denuncia o trato de favor e o deixamento de funcións da Consellería de Medio Ambiente ao permitir que a empresa Interburgo siga incumprindo as condicións impostas no Dictame de Efectos Ambientais para a execución do proxecto financiado e subvencionado con fondos públicos presentado pola empresa promotora Golf Domaio SA.Desde o ano... Seguir lendo →
Luita Verde denuncia a utilización do Castro de Monte Liboreiro como lumieira
Nesta entrada reproducimos o escrito que o Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e uiniversidade de Pontevedra e os Concellos de Cangas e Bueu denunciando que: Na parte alta ou croa, dentro da área de protección integral do Castro do Monte Liboreiro (GA36008040), adscrito culturalmente á Idade... Seguir lendo →
A PDMM ante as mocións e declaracións de rexeitamento eólico nos concellos do Morrazo
Nas últimas semanas sucedéronse nos distintos concellos da comarca do Morrazo o debate e propostas de mocións en contra os proxectos de parques eólicos que se pretenden instalar nos montes do Morrazo. No caso do concello de Bueu algún medio de comunicación chegou a publicar que a moción que se debateu e ao final se... Seguir lendo →
Luita Verde denuncia que o punto limpo de Cangas degrada a contorna do petróglifo das Abelaires
Ante a inacción da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e do Concello de Cangas, as verteduras incontroladas seguen a incrementarse no exterior do punto limpo da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, na parroquia de Aldán, e á vertedura de mobiliario de madeira, láminas e tuberías sintéticas e restos de electrodomésticos denunciada polo Colectivo Ecoloxista... Seguir lendo →
O vertedoiro municipal do Casal (Moaña) denunciado en Europa
O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou o correspondente escrito de denuncia ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, na que tivo a súa entrada a través do Rexistro do Portal de Peticións o pasado 4 de novembro do 2021, e no que solicitou a paralización definitiva do vertedoiro incontrolado municipal do Concello de Moaña... Seguir lendo →
Os proxectos de investigación mineira nos montes do Morrazo
Se ben é certo que na actualidade, e por motivos obvios, os parques eólicos que pretenden impulsar nos montes do Morrazo tanto ACS como Aratel Energías Renovables está a xerar unha enorme preocupación na veciñanza da comarca, estes dous proxectos de parques eólicos non son as únicas ameazas a nivel paisaxístico, cultural, social, económico e ambiental para os nosos montes.... Seguir lendo →
Track da ruta contra a ADE do Morrazo e pola protección dos montes de Ermelo
Ante a posibilidade de que a Comunidade de Montes de Ermelo faga o mesmo que as de Ardán e Cela co primeiro roteiro contra a área de desenvolvemento do Morrazo cando nos prohibiron o paso polos montes da súa propiedade, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo pon ao dispor de quen desexe coñecer... Seguir lendo →