Contra a urbanización do castro da Subidá (Marín)

As asociacións Irmandade Illa de Tambo, Umia Vivo, A Forneiriña, AnovaTerra, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e o Colectivo Monte Pituco rexeitan as obras de “restauración e musealización” que se están realizando no castro da Subidá impulsadas pola Deputación de Pontevedra e polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, coa colaboración... Seguir lendo →

III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián

O colectivo Monte Pituco celebrará os días 15 e 16 de novembro as 'III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián', dedicadas ao legado do mestre marinense -e experto en arqueoloxía- Carlos Paratcha Vázquez. A primeira sesión será o venres 15 ás 20:30 horas na Adega A Capeleira, coa participación... Seguir lendo →

Comunicado conxunto contra a corta a matarrasa no Monte Pornedo

A Asociación Monte Pituco e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo -co apoio da Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra e do colectivo Vaipolorío- queren manifestar publicamente o seu rexeitamento á corta a matarrasa de arborado que está a ser realizada no Monte Pornedo promovida pola Comunidade de Montes de San... Seguir lendo →

A Asociación Monte Pituco organiza as II Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián

A Asociación Monte Pituco, que forma parte da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, organiza as II Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián os vindeiros 16 e 17de novembro. A primeira das actividades será unha barferencia o venres 16 de novembro a partir das 20h na Adega da... Seguir lendo →

Valoración das I Xornadas pola protección e a posta en valor do patrimonio de San Xián

“A parroquia de San Xián ten os mellores petróglifos, os máis singulares e coas mellores localizacións en beleza paisaxística”, afirmou o investigador e divulgador Antonio Costa nas 'Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián'. Esta iniciativa da Asociación Monte Pituco e da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo deparou... Seguir lendo →

Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián

A Asociación Monte Pituco e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organizan unhas “Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián” no marco do Día Internacional do Patrimonio, que se celebra este 16 de novembro. A iniciativa forma parte da convocatoria feita a nivel autonómico pola Rede do Patrimonio... Seguir lendo →

Comunicado conxunto de apoio á Marcha contra Ence

Os colectivos sociais Luita Verde, Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Grupo Cultural O Ronsel, Asociación Defende o Monte Pituco, Asociación Queremos Galego Marín e Colectivo Nacionalista de Marín queren amosar publicamente o seu apoio á MARCHA CONTRA CELULOSAS convocada un ano máis pola Asociación Pola Defensa da Ría, e animamos a veciñanza a participar... Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: