A recente resolución do 27 de febreiro de 2023 da Xunta de Galiza a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pola que se inclúen 400 zonas húmidas dentro do Inventario de Zonas Húmidas de Galiza e que o goberno autonómico considera un logro, na realidade representa... Seguir lendo →
Simulación dixital da área de desenvolvemento eólica do Morrazo
Nesta entrada achegamos a recreación dixital en google earth que realizou a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa na que se pode ver ben claro como quedaría o territorio de se levaren a cabo a instalación dos 35 aeroxeradores proxectados no seu momento para esta área. https://youtu.be/rFJHiv100TU Cómpre lembrar que a ADE do... Seguir lendo →
22 de xaneiro: Manifestación contra a depredación enerxética
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, como xa fixera o pasado mes de setembro na Coruña, volve apoiar desta volta en Vigo a manifestación convocada por "Veu polo aire" este 22 de xaneiro en Vigo contra a depredación enerxética da nosa terra. A manifestación sairá ás 12h desde o cruce da Vía Norte... Seguir lendo →
A PDMM contra a segunda invasión enerxética na Galiza
A Xunta de Galiza aproba no ano 1997 o Plan Sectorial Eólico e, malia non ter a suficiente cobertura xurídica, proxecta dentro del as correspondentes áreas de investigación, posteriormente áreas de reserva e na actualidade áreas de desenvolvemento eólica, por todo o territorio galego. No ano 2002 a Xunta procede á modificación de dito Plan Sectorial Eólico co... Seguir lendo →
Biodiversidade no outono dos Montes do Morrazo
Nesta entrada queremos amosar a grande biodiversidade e riqueza natural que atesouran os nosos montes, en especial os caducifolios e áreas de ribeira, e a grande variedade de fungos que, nesta fase estacional do outono, están a agromar entre os toros e tocóns das árbores, a herba, os brións, a follaxe depositada no chan dentro... Seguir lendo →
Manifestación na Coruña contra a depredación enerxética
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo apoia a manifestación convocada polo colectivo Foi polo Vento do vindeiro domingo 25 de setembro na Coruña contra a depredación enerxética e fai un chamamento á toda a veciñanza do Morrazo a participar nesta. Na última década o Partido Popular deseñou a través da Xunta de Galicia... Seguir lendo →
Luita Verde denuncia o perigoso deterioramento da carballeira co cerquido de Temperáns
O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou senllos escritos de denuncia dirixidos á alcaldía do Concello de Cangas e á xefatura territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, onde expuso: Na contorna da praia de Temperáns, na parroquia do Hío, concello de Cangas, clasificada como solo non urbanizable de protección dos espazos... Seguir lendo →
Luita Verde denuncia a utilización do Castro de Monte Liboreiro como lumieira
Nesta entrada reproducimos o escrito que o Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e uiniversidade de Pontevedra e os Concellos de Cangas e Bueu denunciando que: Na parte alta ou croa, dentro da área de protección integral do Castro do Monte Liboreiro (GA36008040), adscrito culturalmente á Idade... Seguir lendo →
Luita Verde denuncia que o punto limpo de Cangas degrada a contorna do petróglifo das Abelaires
Ante a inacción da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e do Concello de Cangas, as verteduras incontroladas seguen a incrementarse no exterior do punto limpo da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, na parroquia de Aldán, e á vertedura de mobiliario de madeira, láminas e tuberías sintéticas e restos de electrodomésticos denunciada polo Colectivo Ecoloxista... Seguir lendo →
Luita Verde denuncia novas verteduras de resíduos na área de protección do petrólifo das Abelaires en Cangas
O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou no rexistro senllos escritos dirixidos á xefatura territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e ao Concello de Cangas, denunciando que na parroquia de Aldán, concello de Cangas, no exterior do punto limpo da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, produciuse unha vertedura incontrolada de entullos de... Seguir lendo →