A PDMM ante falta de protección de humidais do novo inventario da Xunta de Galiza

A recente resolución do 27 de febreiro de 2023 da Xunta de Galiza a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pola que se inclúen 400 zonas húmidas dentro do Inventario de Zonas Húmidas de Galiza e que o goberno autonómico considera un logro, na realidade representa... Seguir lendo →

Simulación dixital da área de desenvolvemento eólica do Morrazo

Nesta entrada achegamos a recreación dixital en google earth que realizou a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa na que se pode ver ben claro como quedaría o territorio de se levaren a cabo a instalación dos 35 aeroxeradores proxectados no seu momento para esta área. https://youtu.be/rFJHiv100TU Cómpre lembrar que a ADE do... Seguir lendo →

A PDMM contra a segunda invasión enerxética na Galiza

A Xunta de Galiza aproba no ano 1997 o Plan Sectorial Eólico e, malia non ter a suficiente cobertura xurídica, proxecta dentro del as correspondentes áreas de investigación, posteriormente áreas de reserva e na actualidade áreas de desenvolvemento eólica, por todo o territorio galego. No ano 2002 a Xunta procede á modificación de dito Plan Sectorial Eólico co... Seguir lendo →

Manifestación na Coruña contra a depredación enerxética

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo apoia a manifestación convocada polo colectivo Foi polo Vento do vindeiro domingo 25 de setembro na Coruña contra a depredación enerxética e fai un chamamento á toda a veciñanza do Morrazo a participar nesta. Na última década o Partido Popular deseñou a través da Xunta de Galicia... Seguir lendo →

Contra a urbanización do castro da Subidá (Marín)

As asociacións Irmandade Illa de Tambo, Umia Vivo, A Forneiriña, AnovaTerra, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e o Colectivo Monte Pituco rexeitan as obras de “restauración e musealización” que se están realizando no castro da Subidá impulsadas pola Deputación de Pontevedra e polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, coa colaboración... Seguir lendo →

III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián

O colectivo Monte Pituco celebrará os días 15 e 16 de novembro as 'III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián', dedicadas ao legado do mestre marinense -e experto en arqueoloxía- Carlos Paratcha Vázquez. A primeira sesión será o venres 15 ás 20:30 horas na Adega A Capeleira, coa participación... Seguir lendo →

Comunicado conxunto contra a corta a matarrasa no Monte Pornedo

A Asociación Monte Pituco e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo -co apoio da Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra e do colectivo Vaipolorío- queren manifestar publicamente o seu rexeitamento á corta a matarrasa de arborado que está a ser realizada no Monte Pornedo promovida pola Comunidade de Montes de San... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia a afección no petrógligo da Moreira por unha vertedura de entullos

Luita Verde, colectivo ecoloxista que forma parte da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, denunciou este 1 de marzo na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura e Turismo, a vertedura de entullos de obra dentro da área integral de protección do petróglifo prehistórico da Moreira, declarado Ben de Interese Cultural de Galicia... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: