A PDMM denuncia novamente o uso de cordas e cadeas nas patas dos cabalos nos montes do Morrazo

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere denunciar publicamente a práctica inhumana e torturadora que supón a colocación de cordas e cadeas metálicas nas patas dos cabalos en réxime de gandeiría extensiva, por parte dos seus propietarios, como método de control dos seus movementos no espazo natural dos Montes do Morrazo. O pasado... Seguir lendo →

Comunicado sobre a variante de Marín

Desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, a raíz da problemática xurdida pola alta sinistralidade que existe na variante de Marín (VG-4.4), entre Mollabao e Ardán, e a alternativa de proxectar o seu desdobramento en autovía, quixeramos aclarar, puntualizar e sinalizar algúns aspectos, ao noso pensar, importantes. A variante de Marín, malia nun... Seguir lendo →

A PDMM denuncia o abandono do parque da Lagoa de Castiñeiras e Cotorredondo

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere denunciar publicamente o abandono do parque forestal e arqueolóxico da Lagoa de Castiñeiras e Cotorredondo. Este abandono que se vén producindo nos últimos anos é responsabilidade da Xunta de Galiza, a administración que xestiona o parque natural, por non cumprir coa súa obriga de manter a... Seguir lendo →

Inauguración do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo apoia a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños promovido polas comunidades de montes das parroquias de Salcedo, Lourizán e San Xulián. Este proxecto no que se leva traballando varios anos, procurando o apoio de colectivos sociais e administracións inaugurarase este 7 de xuño cun... Seguir lendo →

Non ao fracking no Morrazo

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere informar sobre a ameaza que, cun método similar ao fracking, poden supor os plans de explotación que estarían detrás dos permisos de exploración de recursos xeotérmicos que, a nome de Caldelas Sur e Caldelas Norte, outorgou o 20 de outubro de 2011 a Xunta de Galiza... Seguir lendo →

A fundación para a Lagoa de Castiñeiras non chega!

Desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo queremos por unha banda parabenizar as intencións polas que co nacemento da Fundación Lagoa de Castiñeiras se pretende promocionar e manter este espazo natural do Morrazo mais somos escépticas e escépticos en canto ás formas de facelo. Acometer un proxecto de posta en valor do parque... Seguir lendo →

Apoio ás accións legais emprendidas por Defende o Monte Pituco

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere amosar o seu rexeitamento ao parque empresarial no Monte Pornedo, incluído no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG), así como tamén o seu apoio á Asociación Defende o Monte Pituco que vén de anunciar que impugnará este plan sectorial. A Asociación Defende... Seguir lendo →

Comunicado sobre a aprobación do Plan Sectorial de Áreas Empresariais

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo considera que a aprobación do Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia (PSAEG) o pasado 30 de abril  non responde á realidade e advirte da súa insustentabilidade e irrealización, en especial das áreas empresariais que afectarían o Morrazo, a da Cruz da Maceira no concello de Moaña,... Seguir lendo →

Iniciativa “Save the Salamanders”

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo tivo coñecemento estes días da iniciativa que promove unha asociación conservacionista canadense, “Save The Salamanders”, contra o o parque industrial que pretende instalar o concello no Monte Pornedo. Esta asociación desde o seu perfil na rede social Facebook insta a veciñas e veciños a enviar un correo á Concellaría de... Seguir lendo →

Resposta á Consellaría de Medio Rural sobre os cabalos con pexas

Diante das declaracións feitas a nivel mediático pola Consellería de Medio Rural e do Mar nas que di estar actuando na erradicación das pexas nos cabalos nos montes galegos, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo respondemos: Non temos constancia a nivel oficial de que iso sexa certo xa que esa Consellería deu pola... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: