Non ás pexas nos cabalos

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo considera positivo pero insuficiente a retirada de pexas dos cabalos por parte da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil no Concello de Marín. A plataforma quere sinalar que esa operación debe ser realizada por Inspectores Veterinari@s dependentes do Servizo de Gandería da Consellaría de Medio Rural... Seguir lendo →

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo rexeita 4 proxectos mineiros nos Montes do Morrazo

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere amosar o seu rexeitamento aos dous permisos de investigación mineira para a explotación de granito ornamental, o de Os Pedrouzos de 14 cuadrículas entre os concellos de Moaña e Vilaboa, e Miñán de 9 cuadrículas, no concello de Marín, convocados a concurso público pola Orde do... Seguir lendo →

A Plataforma denuncia o estado de abandono do patrimonio arqueolóxico do concello de Marín

Diante do anuncio da aprobación do goberno municipal do PP de licenza urbanística para a apertura do centro de interpretación dos petróglifos de Mogor temos que salientar que a maioría do patrimonio arqueolóxico marinense está abandonado e parte del desprotexido polas mesmas administracións que por convenio proxectaron o mesmo centro, a Xunta de Galicia a... Seguir lendo →

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo rexeita o PXOM de Marín

A Plataforma rexeita o PXOM de Marín recentemente aprobado por “especulativo” e na realidade “insustentable” e “irreal”. A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo  considera de electoralista e interesada a campaña iniciada polo goberno municipal do PP en colaboración co goberno amigo da Xunta de charlas informativas sobor deste asunto a escasas datas das... Seguir lendo →

Rexeitamos novamente os polígonos industriais nos Montes do Morrazo

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, cualifica como mediática e electoralista a escasos meses dos novos comicios autonómicos, a proposta da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI) a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de incluír finalmente o polígono empresarial Moaña-Marín e a plataforma loxística Marín-Pontevedra no Plan... Seguir lendo →

A Plataforma xunto con outros colectivos presenta escrito de denuncia contra o concello de Marín por organizar unha proba de trial no Bosque de Cadro

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo xunta cos colectivos Almuinha, O Ronsel, Defende o Monte Pituco, Luita Verde, Queremos Galego Marín e o Colectivo Nacionalista de Marín vén de presentar diante da Dirección Xeral de Patrimonio un escrito de denuncia contra o concello de Marín por coorganizar e permitir a celebración dunha proba... Seguir lendo →

A Plataforma presenta un escrito pedindo a suspensión da proba de trial nos arredores do Complexo Rupestre do Bosque de Cadro

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo vén de presentar xunto coa Asociación Queremos Galego Marín, a Asociación Cultural Almuinha, a Asociación Defende o Monte Pituco, o colectivo ecoloxista Luita Verde e o Colectivo Nacionalista de Marín un escrito no rexistro do concello de Marín e na delegación territorial da Consellaría de Cultura, Educación... Seguir lendo →

A Plataforma alega os recheos xunto con outras asociación no concello de Marín

No ano 2008 o Servizo de urbanismo e Inspección Territorial da Consellería de Política Territorial remitiu un Informe Proposta de inicio de expediente de Reposición da Legalidade Urbanística e inicio de Expediente Sancionador por movementos de terras e recheos no Alto da Cruz da Maceira, en solo rústico de protección forestal, sen autorización autonómica e... Seguir lendo →

Descuberto novo petróglifo nos Montes do Morrazo

Nestas últimas semanas membros da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo atoparon un novo petróglifo dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo, consistente nun gravado de tres circos concéntricos con apéndice. Este novo petróglifo atopouse dentro da área de protección do xacemento medieval do Castelo Barbudo e está esculpido nunha rocha cunha leve... Seguir lendo →

O rego das Gorgadas con varios endemismos do noroeste iberico, especies vulnerables e en perigo de extinción e un hábitat natural prioritario ameazado por un parque empresarial

O rego das Gorgadas con varios endemismos do noroeste iberico, especies vulnerables e en perigo de extinción e un hábitat natural prioritario ameazado por un parque empresarial O colectivo ecoloxista Luita Verde, que fai parte da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, vén de facer pública unha nota de prensa que sae hoxe na... Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: