Se ben é certo que na actualidade, e por motivos obvios, os parques eólicos que pretenden impulsar nos montes do Morrazo tanto ACS como Aratel Energías Renovables está a xerar unha enorme preocupación na veciñanza da comarca, estes dous proxectos de parques eólicos non son as únicas ameazas a nivel paisaxístico, cultural, social, económico e ambiental para os nosos montes.... Seguir lendo →
A PDMM presenta alegacións contra a explotación mineira de Xanceda
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo presentou conxuntamente con A Terra Non Se Vende, Galiza Non Se Vende, A Ría Non Se Vende, Salvemos Monteferro e Luita Verde unha alegación contra a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Xanceda, número 7138, situado entre os concellos de Frades e Mesía (A Coruña),... Seguir lendo →
Non ao fracking no Morrazo
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere informar sobre a ameaza que, cun método similar ao fracking, poden supor os plans de explotación que estarían detrás dos permisos de exploración de recursos xeotérmicos que, a nome de Caldelas Sur e Caldelas Norte, outorgou o 20 de outubro de 2011 a Xunta de Galiza... Seguir lendo →
Comentarios da PDMM ao Documento de Inicio da Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galiza
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo apresentou este venres 14 de xuño comentarios a fase de consulta do Documento de Inicio da Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galiza que reproducimos a seguir. A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo estando en fase de consulta o Documento de Inicio... Seguir lendo →
Apoio á marcha contra Ence e á manifestación contra a megaminaría
A PDMM quere amosar o seu apoio á marcha contra Celulosas que a APDR organiza para o sábado 1 de xuño con saída simultánea ás 19:30 h. desde as alamedas de Marín e Pontevedra e á manifestación nacional contra da minaría salvaxe que varios colectivos e plataformas sociais dentro da Rede ContraMINAcción organizan o vindeiro... Seguir lendo →
A PLATAFORMA EN DEFENSA DOS MONTES DO MORRAZO CONTRA A MINA DE CORCOESTO
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo (PDMM) apoia a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños que organiza este vindeiro domingo 14 de abril a partir das 12 h. en Carballo a manifestación "por un aire puro, sen arsénico nin cianuro, NON á mina de Corcoesto" e manifesta a súa total oposición ao proxecto... Seguir lendo →
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo rexeita 4 proxectos mineiros nos Montes do Morrazo
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere amosar o seu rexeitamento aos dous permisos de investigación mineira para a explotación de granito ornamental, o de Os Pedrouzos de 14 cuadrículas entre os concellos de Moaña e Vilaboa, e Miñán de 9 cuadrículas, no concello de Marín, convocados a concurso público pola Orde do... Seguir lendo →