Biodiversidade no outono dos Montes do Morrazo

Nesta entrada queremos amosar a grande biodiversidade e riqueza natural que atesouran os nosos montes, en especial os caducifolios e áreas de ribeira, e a grande variedade de fungos que, nesta fase estacional do outono, están a agromar entre os toros e tocóns das árbores, a herba, os brións, a follaxe depositada no chan dentro... Seguir lendo →

Manifestación na Coruña contra a depredación enerxética

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo apoia a manifestación convocada polo colectivo Foi polo Vento do vindeiro domingo 25 de setembro na Coruña contra a depredación enerxética e fai un chamamento á toda a veciñanza do Morrazo a participar nesta. Na última década o Partido Popular deseñou a través da Xunta de Galicia... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia que a Consellaría de Medio Ambiente lle permite a Interburgo incumprir o ditame de efectos ambientais do campo de golf de Domaio

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde denuncia o trato de favor e o deixamento de funcións da Consellería de Medio Ambiente ao permitir que a empresa Interburgo siga incumprindo as condicións impostas no Dictame de Efectos Ambientais para a execución do proxecto financiado e subvencionado con fondos públicos presentado pola empresa promotora Golf Domaio SA.Desde o ano... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia a utilización do Castro de Monte Liboreiro como lumieira

Nesta entrada reproducimos o escrito que o Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e uiniversidade de Pontevedra e os Concellos de Cangas e Bueu denunciando que: Na parte alta ou croa, dentro da área de protección integral do Castro do Monte Liboreiro (GA36008040), adscrito culturalmente á Idade... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia os peches ilegais no sector B da urbanización Residencial Golf Domaio en Moaña

A Valedora do Pobo tras as queixas de Luita Verde, e xa que o Concello non nos responde directamente incumprindo de xeito flagrante e continuado o artigo 4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, informounos recentemente de que o Concello de Moaña o 1 de outubro resolveu, a través dun acordo... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia que o Concello de Moaña segue a incumprir a caducidade das licenzas da SAU A-7 Residencial Golf Domaio

O incumprimento das Recomendacións da Valedora do Pobo así como as Resolucións da Comisión da Transparencia de Galicia (que achegamos) por parte da Alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, demostra un total desprezo cara a estas institucións, unha clara falta de dignidade política e un elevado déficit democrático, tendo en conta que as ditas Recomendacións e... Seguir lendo →

Nova agresión ao dunar da praia da Xunqueira (Moaña)

As primeiras dúas fin de semana deste mes de xullo, co gallo da celebración do campionato do Morrazo de balonmán praia, promovido pola Mancomunidade de Concellos do Morrazo, o propio Concello de Moaña mais a Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Federación Galega de Balonmán, consumouse unha nova agresión ambiental ao dunar da praia da... Seguir lendo →

O Concello de Moaña resolve a caducidade da licenza do hotel Golf de Domaio solicitada por Luita Verde

O Concello de Moaña, en Xunta de Goberno Local en data do 29 de marzo de 2021, acordou por unanimidade das persoas presentes a Resolución de caducidade do expediente da licenza de obras de Inter Burgo S.A. para construción dun edificio de sotos e 2 plantas para hotel de 4 estrelas en San Lourenzo, Domaio,... Seguir lendo →

O Concello de Moaña aproba a moción presentada por Luita Verde contra o uso do glisofato

uso agrario de herbicida na Pontella (Moaña) O concello de Moaña, en sesión plenaria ordinaria celebrada o pasado xoves 25 de marzo do 2021, aprobou por maioría da corporación municipal (BNG, PSOE, PP e Coalición Independiente por Moaña), a proposta de moción SOBRE OS USOS DE HERBICIDAS CON GLIFOSATO NO TÉRMINO MUNICIPAL DE MOAÑA presentada... Seguir lendo →

Luita Verde presenta unha moción en Moaña contra o uso do glisofato

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou este pasado xoves 25 de febreiro unha proposta de moción SOBRE OS USOS DE HERBICIDAS CON GLIFOSATO NO TÉRMINO MUNICIPAL DE MOAÑA a rexistro e dirixida á alcaldesa do Concello de Moaña na que, ao amparo do establecido no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais,... Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: