Nas últimas semanas sucedéronse nos distintos concellos da comarca do Morrazo o debate e propostas de mocións en contra os proxectos de parques eólicos que se pretenden instalar nos montes do Morrazo. No caso do concello de Bueu algún medio de comunicación chegou a publicar que a moción que se debateu e ao final se... Seguir lendo →
Track da ruta contra a ADE do Morrazo e pola protección dos montes de Ermelo
Ante a posibilidade de que a Comunidade de Montes de Ermelo faga o mesmo que as de Ardán e Cela co primeiro roteiro contra a área de desenvolvemento do Morrazo cando nos prohibiron o paso polos montes da súa propiedade, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo pon ao dispor de quen desexe coñecer... Seguir lendo →
Localización dos aeroxeradores na ADE do Morrazo
Se a finais de outubro coñeciamos as intencións da empresa ACS de impulsar un parque eólico entre as parroquias de Ardán – en Marín – Cela e Ermelo – en Bueu- . Nos últimos días coñecemos tamén que outra empresa, Aratel Energías Renovables, presentou unha solicitude para instalar dous parques eólicos nos montes do concello... Seguir lendo →
Track do percorrido do roteiro contra a Área de Desenvolvemento eólica do Morrazo e pola protección dos montes de Ardán e Cela
Deixamos nesta entrada o percorrido do roteiro contra Área de Desenvolvemento Eólica do Morrazo e pola protección dos montes de Ardán e Cela que tivemos que suspender por mor da prohibición de paso das directivas das Comunidades de Montes de Ardán e Cela. O roteiro sería circular e sairía da área recreativa de Chans de... Seguir lendo →
A Comunidade de Montes de Cela prohíbelle á PDMM o roteiro contra a ADE do Morrazo e pola protección dos montes de Cela e Ardán
A directiva da Comunidade de Montes en Man Común de Cela prohíbenos á Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo realizar o roteiro que tiñamos previsto para este sábado 27 de novembro contra a ADE do Morrazo e dentro dela o novo proxecto de parque eólico que se está a xestar entre as parroquias de... Seguir lendo →
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo inicia unha campaña contra a Área de Desenvolvemento Eólica do Morrazo
Triángulo da Área de Desenvolvemento eólica do Morrazo Unha vez que se fixo oficial, coas declaracións na prensa do presidente da Comunidade de Montes de Ardán, o interese da empresa ACS de impulsar entre Marín e Bueu un parque eólico, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo cree que é fundamental a presión social... Seguir lendo →
A pantasma doutro parque eólico ameaza os montes do Morrazo. Non á Área de Desenvolvemento Eólica do Morrazo!!!
Menos dunha semana despois da nova publicada nos medio de comunicación de que o proxecto do parque eólico de Pedras Negras, no Morrazo, fora desestimado pola empresa que o promovía, Enel Green Power España, escoitanse rumores de que outra empresa, desta volta ACS, pretende instalar en monte comunal e particular un parque eólico entre as... Seguir lendo →
Vencemos!!! Retírase definitivamente o proxecto de parque eólico de Pedras Negras no Morrazo
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo congratúlase de que despois de dez anos de loita coñezamos, aínda que sexa polos medios da prensa, que por fin desaparece definitivamente o proxecto do parque eólico de Pedras Negras, promovido pola empresa multinacional Enel Green Power España. Un parque eólico que ameazaba con alterar e degradar... Seguir lendo →
A burbulla eólica e o parque eólico no Morrazo
Na actualidade, en plena pandemia sanitaria que comporta e coincide cunha nova crise económica, a través dos medios de comunicación estase tentando convencer a poboación da existencia dunha burbulla eólica na Galiza ao existiren proxectos que duplican a potencia actual en megavatios. Para a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, esta burbulla da que se fala... Seguir lendo →
E seguimos dicindo: parque eólico no Morrazo, non!!!
Perante as recentes declaracións feitas no Morrazo polo presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, nas que afirma que a Xunta “continuará co desenvolvemento do concurso eólico pero cunha disminución de aeroxeradores, que permitirá un menor impacto visual, pero con máis potencia” desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo queremos responder: Para... Seguir lendo →