A destrución e abandono do patrimonio cultural do Morrazo

 A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo lembra que este ano 2023 cúmprense os 20 anos do inicio da construción do corredor de alta capacidade do Morrazo (CG-4.1), a obra de meirande impacto paisaxístico e ambiental realizada na península morracense. Obra que supuxo a afección crítica e severa e a destrución dentro da súa... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia a utilización do Castro de Monte Liboreiro como lumieira

Nesta entrada reproducimos o escrito que o Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e uiniversidade de Pontevedra e os Concellos de Cangas e Bueu denunciando que: Na parte alta ou croa, dentro da área de protección integral do Castro do Monte Liboreiro (GA36008040), adscrito culturalmente á Idade... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia as verteduras incontroladas de lixo no petróglifo de Pinal do Rei (Darbo-Cangas)

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou senllos escritos dirixidos ao Concello de Cangas e á Xefatura Provincial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Pontevedra nos que expuso que na área de protección integral do Ben de Interese Cultural (BIC) do petróglifo de Pinal do Rei, na parroquia de Darbo, concello de Cangas, integrado... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia a vertedura de entullos no petróglifo das Abelaires en Cangas

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou senllos escritos dirixidos ao Concello de Cangas e á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Pontevedra, expoñendo que na parroquia de Aldán, concello de Cangas, produciuse unha vertedura incontrolada de entullos de obra -tarimas sintéticas, lousas, vidros, marcos metálicos, cableado,...- que está afectando a área... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia a forestalización e urbanización dos espazos naturais e arqueolóxicos do Morrazo

Movemento de terras para plantación forestal en Cobres-Vilaboa O Colectivo Ecoloxista Luita Verde alerta que mentres está a encherse a maioría do territorio morracense con monocultivos forestais e enerxéticos e construción de pistas a “diestro e siniestro” para o paso de maquinaria pesada, as áreas naturais mellor conservadas están a ser presa dos impactos directos... Seguir lendo →

Contra a urbanización do castro da Subidá (Marín)

As asociacións Irmandade Illa de Tambo, Umia Vivo, A Forneiriña, AnovaTerra, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e o Colectivo Monte Pituco rexeitan as obras de “restauración e musealización” que se están realizando no castro da Subidá impulsadas pola Deputación de Pontevedra e polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, coa colaboración... Seguir lendo →

Cultura expedienta o concello de Cangas pola agresión directa ao castro da Igrexiña

A través dun documento asinado o pasado 11 de setembro de 2020 pola Valedora do Pobo, se nos informa que trala nosa queixa pola falta de resposta da Consellería de Cultura e Turismo á denuncia presentada o pasado 8 de febreiro de 2020 polo Colectivo Ecoloxista Luita Verde pola agresión directa ao Castro da Igrexiña, na... Seguir lendo →

Luita Verde esixe a retirada inmediata do chiringuito do Castro da Igrexiña

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde, dado que é de dominio público que o chiringo que está instalado no Castro da Igrexiña, no lugar das Eiras, na parroquia do Hío, non ten a preceptiva licenza municipal, esixe ao Concello de Cangas a paralización inmediata da actividade do chiringo e a retirada da súa edificación xunto coas cadeiras... Seguir lendo →

Denuncia pola instalación dun chiringo de praia dentro da área de protección integral do Castro da Igrexiña

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou escrito a rexistro dirixido á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e ao Concello de Cangas denunciando a instalación dun chiringo de praia dentro da área de protección integral do Castro da Igrexiña, xacemento arqueolóxico da Idade do Ferro e Romano ubicado no lugar das Eiras,... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑