A PDMM rexeita o polígono industrial na Pastoriza

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere amosar publicamente a súa satisfacción pola recente sentenza que lle ordena retirar ao Concello de Marín do seu PXOM o polígono industrial no monte Pornedo. E quere ao mesmo tempo darlle os seus parabéns á Asociación Defende o Monte Pituco polo seu enorme traballo nesta nova... Seguir lendo →

Alegación á modificación no PSOAEG do parque empresarial de Moaña

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo redactou unha pequena alegación para que todas aquelas persoas ou colectivos que quixeren, podan amosar o seu rexeitamento á modificación no PSOAEG do parque empresarial de Moaña. Esta alegación unha vez cuberta cos datos da persoa ou colectivo que a asine pode ser enviada por correo postal... Seguir lendo →

A PDMM ante o anuncio da redución do polígono da Cruz de Maceira no PSOAEG

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo cualifica a modificación do Plan de Ordenación de Áreas Empresariais de Galiza (PSOAEG) anunciada o pasado 26 de outubro pola Xunta como unha verdadeira trampa. A redución da superficie inicial de 435.528 m2 a 283.200 m2 do polígono industrial da Cruz de Maceira, incluído neste plan, vendida por parte da Xunta... Seguir lendo →

O TSXG tumba o polígono industrial do monte Pornedo do PSOAEG

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo (PDMM) dálle os parabéns á Asociación Defende O Monte Pituco pola consecución da sentenza do Tribunal de Xustiza Superior de Galiza que ordena retirar do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galiza (PSOAEG), o proxecto do parque empresarial situado na contorna do espazo natural do... Seguir lendo →

Apoio ás accións legais emprendidas por Defende o Monte Pituco

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere amosar o seu rexeitamento ao parque empresarial no Monte Pornedo, incluído no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG), así como tamén o seu apoio á Asociación Defende o Monte Pituco que vén de anunciar que impugnará este plan sectorial. A Asociación Defende... Seguir lendo →

Non ao polígono na Cruz da Maceira. Comunicado.

Ante a aprobación oficial do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG) por parte da Xunta, a través Consellería de Economía e Industria, onde quedou integrado entre outros o proxecto do polígono industrial da Cruz da Maceira segundo estaba planificado no PXOM de Moaña, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo... Seguir lendo →

Resposta ao alcade de Moaña, J. Fervenza, sobre o parque empresarial na Cruz da Maceira

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere responderlle publicamente ao alcalde de Moaña, J. Fervenza, en relación ás manifestacións realizadas estes días na prensa con respecto ao proxecto de parque empresarial da Cruz da Maceira que, con 435.528 m2, “oficiosamente” quedou integrado pola Xunta na aprobación do Plan Sectorial de Áreas Empresariais de... Seguir lendo →

Comunicado sobre a aprobación do Plan Sectorial de Áreas Empresariais

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo considera que a aprobación do Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia (PSAEG) o pasado 30 de abril  non responde á realidade e advirte da súa insustentabilidade e irrealización, en especial das áreas empresariais que afectarían o Morrazo, a da Cruz da Maceira no concello de Moaña,... Seguir lendo →

Iniciativa “Save the Salamanders”

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo tivo coñecemento estes días da iniciativa que promove unha asociación conservacionista canadense, “Save The Salamanders”, contra o o parque industrial que pretende instalar o concello no Monte Pornedo. Esta asociación desde o seu perfil na rede social Facebook insta a veciñas e veciños a enviar un correo á Concellaría de... Seguir lendo →

A Plataforma rexeita o parque industrial en Agudelo proposto pola Comunidade de Montes de Moaña

Os 170.500 m2 de terreo que quere ceder a directiva da Xunta de Montes en Man Común de Moaña á Asociación Empresarial do municipio para o parque industrial desde a Cruz da Maceira, en dirección a Agudelo por enriba da estrada PO-313 e fronte a onde están os propostos inicialmente, están plenamente integrados no espazo... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: