A recente resolución do 27 de febreiro de 2023 da Xunta de Galiza a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pola que se inclúen 400 zonas húmidas dentro do Inventario de Zonas Húmidas de Galiza e que o goberno autonómico considera un logro, na realidade representa... Seguir lendo →
Simulación dixital da área de desenvolvemento eólica do Morrazo
Nesta entrada achegamos a recreación dixital en google earth que realizou a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa na que se pode ver ben claro como quedaría o territorio de se levaren a cabo a instalación dos 35 aeroxeradores proxectados no seu momento para esta área. https://youtu.be/rFJHiv100TU Cómpre lembrar que a ADE do... Seguir lendo →
22 de xaneiro: Manifestación contra a depredación enerxética
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, como xa fixera o pasado mes de setembro na Coruña, volve apoiar desta volta en Vigo a manifestación convocada por "Veu polo aire" este 22 de xaneiro en Vigo contra a depredación enerxética da nosa terra. A manifestación sairá ás 12h desde o cruce da Vía Norte... Seguir lendo →
A PDMM contra a segunda invasión enerxética na Galiza
A Xunta de Galiza aproba no ano 1997 o Plan Sectorial Eólico e, malia non ter a suficiente cobertura xurídica, proxecta dentro del as correspondentes áreas de investigación, posteriormente áreas de reserva e na actualidade áreas de desenvolvemento eólica, por todo o territorio galego. No ano 2002 a Xunta procede á modificación de dito Plan Sectorial Eólico co... Seguir lendo →
Biodiversidade no outono dos Montes do Morrazo
Nesta entrada queremos amosar a grande biodiversidade e riqueza natural que atesouran os nosos montes, en especial os caducifolios e áreas de ribeira, e a grande variedade de fungos que, nesta fase estacional do outono, están a agromar entre os toros e tocóns das árbores, a herba, os brións, a follaxe depositada no chan dentro... Seguir lendo →
Manifestación na Coruña contra a depredación enerxética
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo apoia a manifestación convocada polo colectivo Foi polo Vento do vindeiro domingo 25 de setembro na Coruña contra a depredación enerxética e fai un chamamento á toda a veciñanza do Morrazo a participar nesta. Na última década o Partido Popular deseñou a través da Xunta de Galicia... Seguir lendo →
Luita Verde denuncia a existencia dunha granxa de visóns americanos en Vilaboa
O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou este pasado 13 de xaneiro denuncias ao rexistro dirixidas ao Concello de Vilaboa e ás xefaturas provinciais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería de Medio Rural en Pontevedra, onde expuso: No lugar de Abadín, parroquia de Santa Cristina de Cobres, concello de Vilaboa e... Seguir lendo →
Comunicado sobre a proposta de ENIL para o parque de Cotorredondo e a Lagoa de Castiñeiras
Hai uns días enterámonos a través dos medios da prensa escrita que a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz López, instaba os concellos de Marín e Vilaboa a solicitar a figura de interese local para o Parque de Cotorredondo e Lagoa de Castiñeiras para recuperar o lugar. Neste sentido a Plataforma en Defensa... Seguir lendo →
A PDMM denuncia o abandono do parque da Lagoa de Castiñeiras e Cotorredondo
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere denunciar publicamente o abandono do parque forestal e arqueolóxico da Lagoa de Castiñeiras e Cotorredondo. Este abandono que se vén producindo nos últimos anos é responsabilidade da Xunta de Galiza, a administración que xestiona o parque natural, por non cumprir coa súa obriga de manter a... Seguir lendo →
Lume forestal en Vilaboa
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo ante o último lume forestal que afectou en Vilaboa a máis de 75 has., nos montes da parroquia de Santa Cristina de Cobres, denuncia que alén da probábel intencionalidade humana nas causas da súa orixe, a propagación das lapas tivo lugar por zonas onde abundan os monocultivos... Seguir lendo →