manifesto

O espazo natural dos Montes do Morrazo, abrangue 3575 Has. de solo protexido a nivel provincial compartido polos concellos de Marín, Moaña e Vilaboa. Nel están ubicados:

A serra de Domaio, coas de Basil e Domego, onde están situadosos cumios da comarca, Monte Faro de Domaio e Coto do Home,a máis de 600 metros de altitude sobre o nivel do mar, mais os altos deCotorredondo,Monte Formigoso, Outeiro da Carballosa ou Monte Agudelo,entre os 400 e os 500 metros de altitude, con fermosas e amplas vistas panorámicas das Rías Baixas, Illas Atlánticas e serras do interior de Pontevedraata Ourense e Portugal.

As áreas arqueolóxicas dos Sete Camiños e as de Chan de Castiñeiras, Chan de Armada e Chan de Arquiña, que a parte dos gravados rupestres representa como máximo valor a práctica totalidade dos monumentos megalíticos existentes na comarca e un referente tamén a nivel galego.

Os parques naturais da Lagoa de Castiñeiras e de Chan de Arquiña con áreas de lecer de gran interese ecolóxico, social e cultural.

Os nacementos dos ríos Lameira, Loira, da Fraga, Barranco do Faro, Caiauga, da Freixa, Miñouba, Riomaior e Toimil coas súas áreas de ribeira de interese natural, fluvial, hídrico, etnográfico e incluso marisqueiro por formar algúns intermareais nas súas desembocaduras.Algunhas desas desembocaduras, por engadido, forman parte do LIC da Enseada de San Simón, dentro da Rede Natura.

Bosque autóctono e de repoboación xunto con outras dematogueirae pasteiros en monte privado e mancomunado de interese natural, forestal e gandeiro.

As brañas de Castiñeiras e de Corno Pineda, incluídas xunto coa lagoa de Castiñeiras no inventario de humidais de Galicia.

O GR59 Roteiro Ecolóxico do Morrazo, como principal arteria do sendeirismo na comarca, asimesmo como roteiros sinalizados de bicis de montaña e puntos de despegue, voo e aterraxe de afeccionados ao parapente.

No entanto e sumado ás afeccións consumadas de saturación paisaxística e electromagnética de antenas de telecomunicacións e o impacto medioambiental producido pola construción do corredor de alta capacidade do Morrazo,están as ameazas futuras dun parque eólico de 42 MW aprobado pola Xunta de Galiciaa nome dePedras Negras,con 14 aeroxeneradores de 120 metros de altura e 112 de pás, mais de 17 kilómetros de viales de accesos, 15 de gabias para cableado eléctrico e unha subestación eléctrica repartidos pola serra de Basil, serra de Domego, Pedras Negras, Monte Gagán e Monte Formigoso;un parque industrial de 229.330 m2no monte Pornedo planificado polo Concello de Marín no seu PXOM, e un macroparque industrial de 1.500.000 m2aprobado pola Xunta de Galicia que conxugaría o de 460.000 m2 planificado na Cruz da Maceira polo concello de Moaña a traveso do seu PXOM e o de 1.152.021 de m2planificado como reserva na Pastoriza polo Concello de Marín,taménno seu PXOM; máis o desdobramento do corredor de alta capacidade en autovía e as obras de ampliación da estrada PO-313 Marín-Moaña contempladas no Plan Vigo Íntegra, agora Plan Move; dentro dun modelo de desenvolvemento claramente especulativo e totalmente insustentable por parte das Administraciónspúblicas locais e autonómica.

A protección actual deste espazo natural, solo rústico de proteción de espazos naturais,prohíbe calquera actividade industrial no terreo protexido.

Ademáis este espazo é susceptible de cumprir cos parámetros para a entrada nunha futurible ampliación da Rede Natura europea dadas as súas condicións bioxeográficas, tanto pola existencia de fauna e flora silvestre como de hábitats naturais prioritarios no seu seo, e mesmo para a súa conversión en Parque Natural.

Polo arriba citado e máis solicitamos que se cumpra coa legalidade e se proceda á protección íntegra, real e efectiva do espazo natural Montes do Morrazo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: