Luita Verde denuncia que a Consellaría de Medio Ambiente lle permite a Interburgo incumprir o ditame de efectos ambientais do campo de golf de Domaio

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde denuncia o trato de favor e o deixamento de funcións da Consellería de Medio Ambiente ao permitir que a empresa Interburgo siga incumprindo as condicións impostas no Dictame de Efectos Ambientais para a execución do proxecto financiado e subvencionado con fondos públicos presentado pola empresa promotora Golf Domaio SA.Desde o ano... Seguir lendo →

A Valedora do Pobo requírelle ao Concello de Moaña o expediente de caducidade das licenzas de obra da Urbanización Residencial Golf Domaio

A Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, informounos ao Colectivo Ecoloxista Luita Verde en documento asinado o pasado 4 de setembro deste 2020 que trala falta de resposta por parte do Concello de Moaña ás recomendacións formuladas desde esa institución os días 4 de febreiro, 27 de abril e o 3 de xuño deste... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia que o Concello de Moaña oculta a información sobre a urbanización Golf de Domaio

Despois de case oito meses, o goberno bipartito BNG-PSOE do Concello de Moaña, segue sen responder á solicitude presentada polo Colectivo Ecoloxista Luita Verde o xoves 14 de marzo para que se iniciase o expediente de caducidade das licenzas de obra concedidas o 12-02-2001 e o 09-06-2003 pola Comisión de Goberno do Concello de Moaña para 50 e 40 vivendas... Seguir lendo →

Luita Verde solicita a caducidade da licenza para a urbanización, hotel e a paralización da actividade no campo de golf de Domaio

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde solicitoulle o pasado 9 de xaneiro de 2019 ao Concello de Moaña, por escrito e a rexistro, a incoación de expediente para a Declaración de Caducidade da licenza para a construcción dun hotel de soto e dúas plantas no campo de golf de Domaio outorgada pola Comisión de Goberno do... Seguir lendo →

A Plataforma en contra dunha nova antena nos Montes do Morrazo

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo vén de presentar no rexistro da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha serie de comentarios ao Documento de Inicio da Avaliación Estratéxiva do Plan Sectorial de Infraestruturas da Xunta de Galicia xestionadas por RETEGAL que pretende, ademais de regularizar a maraña de antenas xa existentes nos... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: