O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou senllos escritos de denuncia dirixidos á alcaldía do Concello de Cangas e á xefatura territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, onde expuso: Na contorna da praia de Temperáns, na parroquia do Hío, concello de Cangas, clasificada como solo non urbanizable de protección dos espazos... Seguir lendo →
Cultura expedienta o concello de Cangas pola agresión directa ao castro da Igrexiña
A través dun documento asinado o pasado 11 de setembro de 2020 pola Valedora do Pobo, se nos informa que trala nosa queixa pola falta de resposta da Consellería de Cultura e Turismo á denuncia presentada o pasado 8 de febreiro de 2020 polo Colectivo Ecoloxista Luita Verde pola agresión directa ao Castro da Igrexiña, na... Seguir lendo →
Luita Verde esixe a retirada inmediata do chiringuito do Castro da Igrexiña
O Colectivo Ecoloxista Luita Verde, dado que é de dominio público que o chiringo que está instalado no Castro da Igrexiña, no lugar das Eiras, na parroquia do Hío, non ten a preceptiva licenza municipal, esixe ao Concello de Cangas a paralización inmediata da actividade do chiringo e a retirada da súa edificación xunto coas cadeiras... Seguir lendo →
Agresión medioambiental no Castro da Igrexiña
O Colectivo Ecoloxista Luita Verde denunciou polo rexistro e por escrito o pasado mes de febreiro no Concello de Cangas, na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo e na Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que no concello de Cangas, parroquia do Hío... Seguir lendo →
Luita Verde demanda a retirada dos elementos que están a afectar a área de protección do Monte do Castro do Hío
O Colectivo Ecoloxista Luita Verde denunciou no rexistro o 14 de decembro do ano pasado, nun escrito dirixido á Delegación Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que na área de protección do xacemento Monte do Castro, catalogado e rexistrado no inventario de Patrimonio Cultural de Galicia co código GA36008023, ubicado na... Seguir lendo →
A PDMM denuncia publicamente as cortas e o abandono do patrimonio do Hio
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere denunciar publicamente a incorrecta, perigosa e ilegal xestión silvícola que está a acontecer nos montes da parroquia de Hio (Cangas) onde, tras varias cortas de arborado, a maioría eucaliptal, en extensas áreas naturais ao redor de Cova do Pouso, Corral de Barra, Pouso da Serra, Outeiro... Seguir lendo →
Aclaracións sobre a proposta de ENIL para os Montes do Hio
Unha vez pasada a controversia e calmados os ánimos da semana pasada ao redor da solicitude de declaración de ENIL para os Montes do Hío, e sen o intuito de avivar a polémica, desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo queremos amosar o noso respecto, aínda que non o compartamos, polo posicionamento da... Seguir lendo →
A PDMM solicita a catalogación dos montes do Hío como Espazo Natural de Interese Local
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo vén de presentar no rexistro do concello de Cangas unha solicitude para a catalogación dos montes do Hío como Espazo Natural de Interese Local dentro da súa planificación urbanística. No mesmo escrito solicita a creación dun sendeiro catalogado de curto percorrido guiado e sinalizado, co menor impacto... Seguir lendo →