Luita Verde denuncia a existencia dunha granxa de visóns americanos en Vilaboa

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou este pasado 13 de xaneiro denuncias ao rexistro dirixidas ao Concello de Vilaboa e ás xefaturas provinciais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería de Medio Rural en Pontevedra, onde expuso: No lugar de Abadín, parroquia de Santa Cristina de Cobres, concello de Vilaboa e... Seguir lendo →

A PDMM denuncia novamente o uso de cordas e cadeas nas patas dos cabalos nos montes do Morrazo

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere denunciar publicamente a práctica inhumana e torturadora que supón a colocación de cordas e cadeas metálicas nas patas dos cabalos en réxime de gandeiría extensiva, por parte dos seus propietarios, como método de control dos seus movementos no espazo natural dos Montes do Morrazo. O pasado... Seguir lendo →

Resposta á Consellaría de Medio Rural sobre os cabalos con pexas

Diante das declaracións feitas a nivel mediático pola Consellería de Medio Rural e do Mar nas que di estar actuando na erradicación das pexas nos cabalos nos montes galegos, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo respondemos: Non temos constancia a nivel oficial de que iso sexa certo xa que esa Consellería deu pola... Seguir lendo →

Máis cabalos con pexas nos Montes do Morrazo

Malia existir unha lexislación específica (Directiva 98/58/CE relativa á protección dos animais en explotacións gandeiras e R.D. 348/2000, de 10 de marzo, polo que se incorpora ao ordeamento xurídico estatal a antedita Directiva), múltiples denuncias cidadás e colectivas dende hai anos a nivel administrativo e mesmo xudicial na fiscalía, que o 11 de abril de... Seguir lendo →

Non ás pexas nos cabalos

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo considera positivo pero insuficiente a retirada de pexas dos cabalos por parte da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil no Concello de Marín. A plataforma quere sinalar que esa operación debe ser realizada por Inspectores Veterinari@s dependentes do Servizo de Gandería da Consellaría de Medio Rural... Seguir lendo →

Contra o maltrato animal, non ás pexas, cordas e cadeas nas patas dos cabalos

Malia as denuncias feitas nos últimos anos por colectivos ecoloxistas, pro dereito dos animais e persoas a nivel particular aínda persiste a práctica das pexas nas patas de cabalos asilvestrados en réxime de gandeiría extensiva. No espazo natural dos Montes do Morrazo esta práctica de tortura animal que os propietarios dos cabalos utilizan para controlar... Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: