A PDMM ante as mocións e declaracións de rexeitamento eólico nos concellos do Morrazo

Nas últimas semanas sucedéronse nos distintos concellos da comarca do Morrazo o debate e propostas de mocións en contra os proxectos de parques eólicos que se pretenden instalar nos montes do Morrazo. No caso do concello de Bueu algún medio de comunicación chegou a publicar que a moción que se debateu e ao final se... Seguir lendo →

Os proxectos de investigación mineira nos montes do Morrazo

Se ben é certo que na actualidade, e por motivos obvios, os parques eólicos que pretenden impulsar nos montes do Morrazo tanto ACS como Aratel Energías Renovables está a xerar unha enorme preocupación na veciñanza da comarca, estes dous proxectos de parques eólicos non son as únicas ameazas a nivel paisaxístico, cultural, social, económico e ambiental para os nosos montes.... Seguir lendo →

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo inicia unha campaña contra a Área de Desenvolvemento Eólica do Morrazo

Triángulo da Área de Desenvolvemento eólica do Morrazo Unha vez que se fixo oficial, coas declaracións na prensa do presidente da Comunidade de Montes de Ardán, o interese da empresa ACS de impulsar entre Marín e Bueu un parque eólico, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo cree que é fundamental a presión social... Seguir lendo →

A pantasma doutro parque eólico ameaza os montes do Morrazo. Non á Área de Desenvolvemento Eólica do Morrazo!!!

Menos dunha semana despois da nova publicada nos medio de comunicación de que o proxecto do parque eólico de Pedras Negras, no Morrazo, fora desestimado pola empresa que o promovía, Enel Green Power España, escoitanse rumores de que outra empresa, desta volta ACS, pretende instalar en monte comunal e particular un parque eólico entre as... Seguir lendo →

Vencemos!!! Retírase definitivamente o proxecto de parque eólico de Pedras Negras no Morrazo

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo congratúlase de que despois de dez anos de loita coñezamos, aínda que sexa polos medios da prensa, que por fin desaparece definitivamente o proxecto do parque eólico de Pedras Negras, promovido pola empresa multinacional Enel Green Power España. Un parque eólico que ameazaba con alterar e degradar... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia a deficiente xestión dos rsu do Concello de Moaña, Mancomunidade do Morrazo e Xunta de Galiza na comarca

Mentres o Concello de Moaña segue a verter resíduos de xeito totalmente incontrolado e ilegal no lugar do Casal, a 200 metros deste vertedoiro, e dentro de terreos competencia da Xunta de Galicia, expropiados no seu momento no lugar pola construción da vía rápida do Morrazo, segue a incrementarse o outro vertedoiro, igualmente incontrolado, existente... Seguir lendo →

Vertedoiro incontrolado. Resposta de Luita Verde ás declaracións do concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente de Moaña

Tralo artigo publicitado este pasado martes 21 de setembro pola edición do Morrazo do Faro de Vigo e as declaracións efectuadas neste polo Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente do Concello de Moaña, Odilo Barreiro, ao respecto da recente denuncia do pasado 17 de setembro sobre a existencia dun macrovertedoiro incontrolado de resíduos de autoría... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia a existencia dunha granxa de visóns americanos en Vilaboa

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou este pasado 13 de xaneiro denuncias ao rexistro dirixidas ao Concello de Vilaboa e ás xefaturas provinciais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería de Medio Rural en Pontevedra, onde expuso: No lugar de Abadín, parroquia de Santa Cristina de Cobres, concello de Vilaboa e... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia vertedoiros de lixo e entullos en Meira (Moaña)

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou senllas denuncias a rexistro dirixidas á alcaldesa do Concello de Moaña e ás xefaturas provinciais das Consellerías de Medio Ambiente e de Cultura en Pontevedra da presenza de varios focos incontrolados de verteduras de lixo e entullos de obra nos lugares das Cidades, da Devesa e de Reibón, na... Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: