A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo congratúlase de que despois de dez anos de loita coñezamos, aínda que sexa polos medios da prensa, que por fin desaparece definitivamente o proxecto do parque eólico de Pedras Negras, promovido pola empresa multinacional Enel Green Power España. Un parque eólico que ameazaba con alterar e degradar... Seguir lendo →
A burbulla eólica e o parque eólico no Morrazo
Na actualidade, en plena pandemia sanitaria que comporta e coincide cunha nova crise económica, a través dos medios de comunicación estase tentando convencer a poboación da existencia dunha burbulla eólica na Galiza ao existiren proxectos que duplican a potencia actual en megavatios. Para a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, esta burbulla da que se fala... Seguir lendo →
E seguimos dicindo: parque eólico no Morrazo, non!!!
Perante as recentes declaracións feitas no Morrazo polo presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, nas que afirma que a Xunta “continuará co desenvolvemento do concurso eólico pero cunha disminución de aeroxeradores, que permitirá un menor impacto visual, pero con máis potencia” desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo queremos responder: Para... Seguir lendo →
A PDMM ante a falta de respostas da Xunta de Galiza
Desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo ante a falta de resposta da Xunta de Galiza ás alegacións presentadas contra proxecto de instalación do parque eólico de Pedras Negras, no Morrazo, temos que denunciar publicamente a falta de respecto que está a ter, unha vez máis, a Xunta coas demandas sociais e colectivas,... Seguir lendo →
Demandamos o informe desfavorable ao proxecto de parque eólico de Pedras Negras
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo considera que as declaracións do presidente de Red Eléctrica de España (REE), José Folgado, veñen demostrar que o concurso eólico galego aprobado en decembro de 2010, con 91 parques e 2325 MW de produción, carece de toda racionalidade. Xa que logo, tampouco os 42 MW do proxecto... Seguir lendo →
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo rexeita o parque eólico de Pedras Negras no Morrazo
A raíz das declaracións feitas polo grupo parlamentar do PP este xoves 23 de maio no Parlamento Galego para rexeitar a moción conxunta dos partidos da oposición (PSOE, BNG e AGE) que propoñían retirar do Plan Sectorial Eólico de Galicia a área de reserva eólica do Morrazo, establecer a incompatibilidade e inviabilidade do proxecto de... Seguir lendo →
O parque eólico de Pedras Negras é ilegal e insustentábel
O concurso eólico galego aprobado na Resolución do 20 de decembro de 2010 ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galiza non contén a obrigatoria Avaliación Ambiental Estratéxica, contida na Lei 9/2006 sobre Avaliación dos efectos de... Seguir lendo →
ZONAS AFECTADAS POLO PARQUE EÓLICO DE PEDRAS NEGRAS E DA ÁREA DE RESERVA EÓLICA DO MORRAZO.
Desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo ante o descoñecemento de parte da cidadanía marinense queremos dar a coñecer as zonas que estarían afectadas no concello de Marín tanto pola instalación do parque eólico de Pedras Negras como pola área de reserva eólico do Morrazo. No concello de Marín estarían situados 4 dos... Seguir lendo →