A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo apoia o manifesto da Asociación pola Defensa da Ría polo cumprimento da lei e na defensa dos sectores produtivos e a marcha contra Ence que terá lugar o domingo 16 de xuño ás 12h desde as alamedas de Marín e Pontevedra. Deixamos aquí o manifesto: Cando na... Seguir lendo →
A PDMM apoia a marcha contra Ence
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo apoia un ano máis a Marcha contra Celulosas e a presenza do complexo ENCE-ELNOSA na ría de Pontevedra, convocada pola Asociación pola Defensa da Ría para este sábado 16 de xuño ás 19:30 h. desde as alamedas de Marín e Pontevedra. Alén dos evidentes efectos negativos que... Seguir lendo →
Comunicado de apoio á marcha contra Ence
Desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo queremos facer público o noso apoio á marcha convocada pola Plataforma Ence Fóra e a Federación Ecoloxista Galega este sábado, 4 de xuño, ás 19:30h desde as alamedas de Marín e Pontevedra. E facemos un chamamento á veciñanza da ría e contorna para que participen de... Seguir lendo →
A PDMM rexeita a concesión da prórroga a Ence
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere amosar o seu rexeitamento á decisión tomada polo goberno estatal en funcións do Partido Popular de autorizar a prórroga, por 60 anos máis, prorrogábeis a outros 50, á empresa pasteira Ence, o que lle permitirá seguir ocupando os terreos de dominio público marítimo-terrestre en Lourizán, hipotecando... Seguir lendo →
Comunicado conxunto de apoio á Marcha contra Ence
Os colectivos sociais Luita Verde, Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Grupo Cultural O Ronsel, Asociación Defende o Monte Pituco, Asociación Queremos Galego Marín e Colectivo Nacionalista de Marín queren amosar publicamente o seu apoio á MARCHA CONTRA CELULOSAS convocada un ano máis pola Asociación Pola Defensa da Ría, e animamos a veciñanza a participar... Seguir lendo →
Apoiamos a Marcha contra Celulosas este sábado 21 de xuño
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere facer público o seu apoio á Marcha contra Celulosas que organiza a APDR este sábado 21 de xuño con saída simultánea das alamedas de Marín e Pontevedra ás 19:30h. A presenza do complexo Ence-Elnosa - condenado por delito ecolóxico hai anos - ademais de afear a... Seguir lendo →
Non á consolidación de Ence-Elnosa na ría. Manifestación 23 de novembro.
Os colectivos sociais de Marín, Almuinha, Anova Marín, Asociación Queremos Galego Marín, Colectivo Nacionalista de Marín e Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo que facemos parte da Plataforma 2018 chamamos a veciñanza da vila a participar este sábado, 23 de novembro, ás 19:30 na manifestación contra a consolidación do complexo Ence-Elnosa na ría. A... Seguir lendo →