Luita Verde denuncia que a Consellaría de Medio Ambiente lle permite a Interburgo incumprir o ditame de efectos ambientais do campo de golf de Domaio

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde denuncia o trato de favor e o deixamento de funcións da Consellería de Medio Ambiente ao permitir que a empresa Interburgo siga incumprindo as condicións impostas no Dictame de Efectos Ambientais para a execución do proxecto financiado e subvencionado con fondos públicos presentado pola empresa promotora Golf Domaio SA.Desde o ano... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia a forestalización e urbanización dos espazos naturais e arqueolóxicos do Morrazo

Movemento de terras para plantación forestal en Cobres-Vilaboa O Colectivo Ecoloxista Luita Verde alerta que mentres está a encherse a maioría do territorio morracense con monocultivos forestais e enerxéticos e construción de pistas a “diestro e siniestro” para o paso de maquinaria pesada, as áreas naturais mellor conservadas están a ser presa dos impactos directos... Seguir lendo →

A burbulla urbanística acaba coa Carballeira de Franco

O pasado 16 de setembro de 2020 o Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou escrito a rexistro ao sr. alcalde presidente do Concello de Cangas, á xefatura territorial da Consellería de Medio Rural, á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte e á Demarcación Sur de Augas de Galicia, onde expoñíamos que... Seguir lendo →

Cultura expedienta o concello de Cangas pola agresión directa ao castro da Igrexiña

A través dun documento asinado o pasado 11 de setembro de 2020 pola Valedora do Pobo, se nos informa que trala nosa queixa pola falta de resposta da Consellería de Cultura e Turismo á denuncia presentada o pasado 8 de febreiro de 2020 polo Colectivo Ecoloxista Luita Verde pola agresión directa ao Castro da Igrexiña, na... Seguir lendo →

A Valedora do Pobo requírelle ao Concello de Moaña o expediente de caducidade das licenzas de obra da Urbanización Residencial Golf Domaio

A Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, informounos ao Colectivo Ecoloxista Luita Verde en documento asinado o pasado 4 de setembro deste 2020 que trala falta de resposta por parte do Concello de Moaña ás recomendacións formuladas desde esa institución os días 4 de febreiro, 27 de abril e o 3 de xuño deste... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia que o Concello de Moaña oculta a información sobre a urbanización Golf de Domaio

Despois de case oito meses, o goberno bipartito BNG-PSOE do Concello de Moaña, segue sen responder á solicitude presentada polo Colectivo Ecoloxista Luita Verde o xoves 14 de marzo para que se iniciase o expediente de caducidade das licenzas de obra concedidas o 12-02-2001 e o 09-06-2003 pola Comisión de Goberno do Concello de Moaña para 50 e 40 vivendas... Seguir lendo →

Luita Verde preséntalle observacións ao borrador do PXOM de Cangas

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou o luns 29 de outubro algunhas observacións ao borrador do PXOM de Cangas. 1) O territorio municipal correspondente aos espazos naturais Barra, Cabo Home e Carballeira de Coiro segundo as antigas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Pontevedra, deben seguir clasificados na súa integridade no futuro PXOM como... Seguir lendo →

O Concello de Cangas desprotexe o Carballal de Coiro

Reproducimos o comunicado elaborado polo Colectivo Ecoloxista Luita Verde para denunciar que o Concello de Cangas desprotexe o Carballal de Coiro no borrador do seu PXOM. O Colectivo Ecoloxista Luita Verde quere manifestar publicamente que o Concello de Cangas, segundo o borrador do seu PXOM a información pública, pretende eliminar a catalogación vixente de solo... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: