Luita Verde denuncia o perigoso deterioramento da carballeira co cerquido de Temperáns

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou senllos escritos de denuncia dirixidos á alcaldía do Concello de Cangas e á xefatura territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, onde expuso: Na contorna da praia de Temperáns, na parroquia do Hío, concello de Cangas, clasificada como solo non urbanizable de protección dos espazos... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia a utilización do Castro de Monte Liboreiro como lumieira

Nesta entrada reproducimos o escrito que o Colectivo Ecoloxista Luita Verde presentou ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e uiniversidade de Pontevedra e os Concellos de Cangas e Bueu denunciando que: Na parte alta ou croa, dentro da área de protección integral do Castro do Monte Liboreiro (GA36008040), adscrito culturalmente á Idade... Seguir lendo →

A errática e contraditoria política forestal da Xunta de Galiza

Eucaliptización na senda costeira do espazo natural protexido de Cabo Udra (Bueu) A recente resolución pola que se formulou a Declaración Ambiental Estratéxica (DAE) da primeira revisión do “Plan Forestal de Galicia 2021-2040, cara á neutralidade carbónica” publicada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático no Anuncio do 3 de xuño de 2021, resolveu a necesidade... Seguir lendo →

O Plan Forestal 2021-2040 consolida a presenza masiva do eucalipto en Galiza e no Morrazo

A Xunta de Galiza aprobou hai uns días o Plan Forestal 2021-2040 coa oposición de distintas organizacións políticas, sociais e ecoloxistas galegas. Un dos motivos para esta oposición é que dentro do plan, malia existir unha proposta de moratoria para a plantación de eucaliptos no territorio, a realidade é ben distinta. A consolidación e espallamento... Seguir lendo →

Luita Verde denuncia a forestalización e urbanización dos espazos naturais e arqueolóxicos do Morrazo

Movemento de terras para plantación forestal en Cobres-Vilaboa O Colectivo Ecoloxista Luita Verde alerta que mentres está a encherse a maioría do territorio morracense con monocultivos forestais e enerxéticos e construción de pistas a “diestro e siniestro” para o paso de maquinaria pesada, as áreas naturais mellor conservadas están a ser presa dos impactos directos... Seguir lendo →

Galifornia, o Morrazo e os lumes

Se nos EEUU existe unha California, en Galiza tamén temos a nosa Galifornia, que se semellan non só polo clima máis cálido, senón tamén nos últimos anos polos incendios forestais agravados polas secas, produto do quecemento global e a mudanza climática a nivel planetario. A nosa Galifornia compóñena a zona sur da provincia de Lugo,... Seguir lendo →

A PDMM presenta alegacións á 1ª revisión do Plan Forestal de Galiza

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo presentou no rexistro as alegacións dirixidas á Dirección Xeral do Ordenación Forestal da Consellería de Medio Rural nas que se solicita a retirada da proposta da 1ª Revisión do Plan Forestal de Galiza. Así mesmo solicitoulle a elaboración dun novo Plan Forestal de Galiza que, fóra do... Seguir lendo →

Comunicado sobre a proposta de ENIL para o parque de Cotorredondo e a Lagoa de Castiñeiras

Hai uns días enterámonos a través dos medios da prensa escrita que a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz López, instaba os concellos de Marín e Vilaboa a solicitar a figura de interese local para o Parque de Cotorredondo e Lagoa de Castiñeiras para recuperar o lugar. Neste sentido a Plataforma en Defensa... Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑