Xornadas micolóxicas de Luita Verde en Moaña

CARTAZ XORNADAS MICOLÓXICAS MOAÑA 2018Luita Verde, colectivo que forma parte da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, organiza este 9 e 10 de novembro unhas xornadas micolóxicas en Moaña.
Estas xornadas divídese en dúas actividades. Unha charla e unha saída ao campo.
A charla, cuxo título é “Principais cogumelos das carballeiras”, será o venres 9 de novembro a partir das 20:30h no salón de plenos do Concello de Moaña. Neste acto Jaime Bernardo Blanco Dios, falará dos cogumenlos que podemos atopar en espazos naturais como as carballeiras e utilizará unha proxección visual para acompañar as súas
explicacións.
O sábado 10, Luita Verde ten programada unha saída ao campo guiada por Jaime Blanco que sairá ás 10h desde a igrexa de Ermelo (Bueu) e percorrerá o Carballal de Coiro na procura de especies de fungos.
O Carballal de Coiro abrangue un territorio de grande valor ecolóxico e ambiental compartido entre os concellos de Bueu, Cangas e Moaña, onde están presentes algunhas das carballeiras caducifolias atlánticas máis representativas da península do Morrazo e das Rías Baixas e que ao mesmo tempo representan uns dos ecosistemas con mellor aptitude para a vida e desenvolvemento dos fungos a nivel saprófito, micorrícico e parasito, coa característica especial da formación reprodutiva dos cogumelos en moitas das súas especies macroscópicas coincidindo coa fase estacional outonal.
A chegada do roteiro está prevista para as 14 h. no mesmo lugar da saída. E para participar non é preciso inscribirse previamente. Desde Luita Verde recomendan compartir vehículo no desprazamento, estar en hora no lugar da saída e traer roupa e calzado axeitado para esta época do ano. No caso de que a metereoloxía fose moi adversa coa chuvia persistente optaríase pola súa suspensión.
Jaime Bernardo Blanco Dios é un enxeñeiro agrónomo de profesión e micólogo de vocación, membro e presidente da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra, descubridor de novas especies de fungos para a ciencia e persoa obxecto de varios premios nos últimos anos polo seu prolífico labor na materia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: