Non ás pexas nos cabalos

cabalo con pexa en Chan de Arquiña en abril de 2011A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo considera positivo pero insuficiente a retirada de pexas dos cabalos por parte da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil no Concello de Marín.

A plataforma quere sinalar que esa operación debe ser realizada por Inspectores Veterinari@s dependentes do Servizo de Gandería da Consellaría de Medio Rural coa colaboración do SEPRONA, xa que esta práctica ilegal afecta a nivel estatal ao R.D. 348/2000, de 10 de marzo, polo que se incorpora ao ordeamento xurídico a Directiva 98/58/CE relativa á protección dos animais en explotacións gandeiras, que no seu artigo 3 de Obrigas dos/as propietarios/as e criadores/as dita a estes/as “adoptar as medidas adecuadas para asegurar o benestar dos animais con vistas a garantir que estes non padezan dores, sufrimentos e danos inútiles” e impón as mínimas condicións físicas para os animais axustadas ao contido do Anexo do antedito Real Decreto, que no número 4 baixo o epígrafe “Liberdade de movementos” determina “Non se limitará a liberdade de movementos propia dos animais, de maneira que se lles cause sufrimentos ou danos innecesarios, tendo en conta neste sentido a especie, o seu grao de adaptación e domesticación, así como as súas necesidades fisiolóxicas de conformidade coas experiencias adquiridas e entre elas a produtiva e o avance dos coñecementos científicos ”.

Esta norma non só é aplicábel no concello de Marín senón tamén nos concellos de Vilaboa, Moaña e Bueu, como municipios así mesmo afectados por esta práctica a nivel comarcal.

cabalo con corda nas patas dianteiras en Chan de Arquiña en decembro de 2011Cabe salientar que ademais das pexas de madeira está a aumentar o uso, ilegal e lesivo, de cordas nas patas dianteiras de moitos exemplares de cabalos, impedindo a mobilidade natural do animal producindo alén de malformacións e mutilacións nas extremidades inmobilizadas en moitas ocasións accidentes viarios ou mesmo causándolles a morte ao non poder fuxir nos lumes.

Estas prácticas non se producen só no verán senón durante todo o ano, sendo denunciadas pública e/ou adiministrativamente desde hai anos por veciños/as e colectivos sociais a nivel local e comarcal, mesmo desde esta Plataforma. Ademais de contravir a lexislación europea e estatal en materia de protección gandeira tamén se está contravir a nivel internacional a Declaración Universal dos Dereitos do Animal, proclamada en 1978 e aprobada posteriormente pola UNESCO e a ONU.

A Plataforma congratúlase de que o parlamento galego aprobase finalmente en abril deste ano unha “Proposición non de Lei” contra da utilización das pexas nos cabalos. Mais lamenta que as autoridades autonómicas e locais foran permisivas durante tanto tempo con quen confunde a tradición coa tortura animal comezando a actuar por imperativo xudicial a través de denuncias civís na fiscalía provincial. Polo que desde a plataforma esiximos que agora se cumpra na realidade e na súa integridade.

Por outra parte alerta que é cada vez máis frecuente atopar mandas de cabalos á beira da estrada da PO-313 Marín-Moaña polo que é necesario tanto unha maior sinalización de precaución nela como unha correcta identificación (microchip) da propiedade dos cabalos ante posibles accidentes.

A plataforma quere suliñar que os cabalos non son salvaxes senón que están en réxime de gandería extensiva e teñen propietarios/as e polo tanto estes/as teñen as súas responsabilidades, pero moitos/as deles/as son contrarios/as a esa identificación para evitar responsabilidades, tanto pola utilización ilegal das pexas como polos danos económicos que os cabalos poidan producir en cultivos ou por accidentes viarios.

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s